Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 10.12.2018 Actualizado 21:09
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

A Contra

galicia senlleira

Antonio Ramos, o home que fixo ‘felís’ o noso ‘narís’ con disiclín

Productos Disiclín S.A. naceu no 1991 e a súa única sede está situada en Silleda. Desta localidade pontevedresa é Antonio Ramos López, socio-fundador, director xerente e, cos seus 73 anos, actual administrador da que el mesmo define como unha "empresa galega con dimensión de ámbito nacional que xurdiu por unha iniciativa emprendedora familiar"

R. CANDAL  | 13.04.2008 
A- A+

Antonio Ramos López, socio-fundador

Hai alguén que non lembre aquel eslogan cantado de Disiclín hace feli(s)z a mi nari(s)z? Penso que é imposible. O anuncio emitido por televisión para promocionar un daquela pioneiro líquido limpador xeral, desinfectante e perfumado quedou nas retinas de gran parte das amas/os de casa que hoxe teñen os chans das súas cociñas e baños coma unha patena e cun aroma sen igual grazas ó Disiclín que está á venda en calquera supermercado e tenda de España e parte de Portugal. Non obstante, o que moitos non sabiamos é que este produto estrela na súa categoría ¡É GALEGO!

Productos Disiclín S.A. naceu no 1991 e a súa única sede está situada en Silleda. Desta localidade pontevedresa é Antonio Ramos López, socio-fundador, director xerente e, cos seus 73 anos, actual administrador da que el mesmo define como unha "empresa galega con dimensión de ámbito nacional que xurdiu por unha iniciativa emprendedora familiar". Orgulloso da súa idea, Ramos defende que Disiclín foi "un produto pioneiro" porque a principios dos 90 "non existía no mercado ningún con características similares, o que fixo que axiña desprazara os tradicionais pinos e amonios cos que se limpaban as casas. Non contentos co uso só doméstico, Disiclín atreveuse a lanzar tamén unha liña de produtos para utilización industrial e agropecuaria.

Ata o momento, levan vendidos catro millóns de unidades do limpador desinfectante e no último ano a empresa acadou unha facturación duns 2,5 millóns de euros. O segredo do seu éxito, segundo Ramos, o "esforzo, constancia e confianza na calidade". Considera que o famoso spot anunciador acadou os seus obxectivos, xa que o que buscaban era "adquirir notoriedade no mercado" e "hoxe o noso eslogan é coñecido". Non obstante, un novo lema se abre camiño. Preguntado por unha frase que convenza de que o seu é o mellor produto deste tipo, Antonio Ramos teno claro: "Disiclín a lo sucio le pone fin". Que comecen a tremer os publicistas.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS