Hemeroteca web
|
RSS
Xoves 17.05.2012
| Actualizado 02.02
![]() |
| FOTO: AXENCIAS |
Laboratorios baleiros e proxectos que se paralizan, este é o futuro que lle auguran os mozos investigadores á produción científica en Galicia, polo que o xoves milleiros de persoas saíron á rúa ante as dependencias da Xunta, como testemuña esta imaxe de Antonio Hernández, para protestaren pola "mísera" convocatoria de quince prazas que realiza a Xunta para este ano. A organización Precarios-Galicia considera que uns trescentos investigadores descoñecen se poderán continuar nos vindeiros meses coa súa carreira.
