Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 16.08.2019 Actualizado 13:34
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Comunicación

galardón do grupo correo gallego

A actriz viguesa María Castro, Galega do mes de novembro

A viguesa María Castro, de "Sin Tetas no hay paraíso", recoñece que "Pratos Combinados" "supuxo ver cumpri­do o meu soño de ser actriz con só dezanove anos"

REDACCIÓN . SANTIAGO   | 30.11.2008 
A- A+

María Castro Jato, a actriz galega de ‘Sin tetas no hay paraíso’

Hoxe cumpre 27 anos e xa é unha actriz consoli­dada grazas, sobre todo, a última etapa como a mala malísima Jessi na exitosa serie de Telecinco Sin tetas no hay paraíso, aínda que moito an­tes o foi grazas á súa interpreta­ción semanal, durante 140 capí­tulos entre os anos 2001 e 2006, na mítica Pratos Combinados, que bateu todas as marcas de au­diencia e de permanencia na Te­levisión de Galicia.

Por todo iso, e pola súa carre­ra imparábel no mundo do au­diovisual, María Castro Jato foi elixida Galega do mes polas redaccións de El Correo Gallego, Galicia Hoxe, Radio Obradoiro, Tierras de Santiago e Correo Televisión.

A viguesa recoñece que a súa intervención en Tetas abriulle máis por­tas en canto a contactos con di­rectores, produtores e ata novos proxectos, pero subliña o gran nivel do audiovisual gale­go e afirma que "para min Pratos combinados supuxo ver cumpri­do o meu soño de ser actriz, xa que tiña 19 anos cando Xosé Cer­meño me chamou desde Avenida de América, onde traballaba". Unha época que recorda co­mo "unha etapa na que crecín moito como persoa e como ac­triz, xa que a serie estaba forma­da por un grande elenco de actores experimentados, cun equi­po moi bo". Ademais, engade que "o que fixen foi converterme nunha esponxiña e ir aprenden­do de todos para mellorar a miña fa­ceta como actriz".

O seu papel como J­essica en Sin tetas no hay paraí­xo, achegoulle a posibilidade de "experimentar moitos rexistros diferentes como actriz, xa que é un personaxe moi complexo". Á espera de saber se a se­rie continuará outra temporada máis ou non para pla­nificar o seu traballo futuro, María Castro Jato de momento xa ten confirmados varios proxectos de teatro para o próximo ano.

Ade­mais de en Pratos combinados e Sin tetas no hay paraíso, actuou en Rías Baixas, Avenida de Amei­rica e O show dos Tonechos, en Televisión de Galicia. Así mesmo, interveu na se­rie de Telecinco Ellas y el sexo débil, na de Antena 3 Cafete­ría Manhattan, e interpretou un papel protagonista en SMS, de laSexta.

Tamén realizou numerosos traballos como presentadora de programas de televisión e galas.

Formada como modelo na afamada axencia viguesa Dolores Couceiro, foi modelo de pasarela en diversas ocasións así como protagonista de catálogos de roupa e imaxe publicitaria.

Para mediados de xaneiro, estrea a película de Dygra Films Los muertos van deprisa, como coprotagonista baixo a dirección de Ángel de la Cruz. María Castro Jato participou tamén este ano na tv movie Una bala para el Rei, producida por Globo­media para Antena 3.

Así mesmo, en 2005 actuou na película de Miguel San­tesmases Días azules, produ­cida por Continental, Torna­sol e Milou Films.

O PERFIL

Nace en Vigo o 30 de non­viembre de 1981, é licen­ciada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola Univer­sidad de Vigo, e diplomada en Maxisterio por Educación Físi­ca. Conta ademais co título oficial de Salvamento Acuático e Primeiros Auxilios.

Pero, sobre todo, María Castro posúe unha intensa e variada formación actoral que inclúe cursos de interpretación coa directora de cine Manane Rodríguez; de cabaret impartido por Ángel Burgos e Luís Santamaría; un taller de danza Composición instantánea de Dominik Borucki; curso de Téc­nica vogal de Cristina Domínguez; tres meses nun semi­nario intensivo de interpretación na Escola Cristina Rota; un curso de dobraxe a car­go de Juan Carballido, e outro intensivo sobre A acción plausí­bel, impartido por Teodor Smeu na escola Santart.

Así mesmo, ten un curso intensivo de clown, im­partido por Marián Bañobre e dous anos de danza moderna e hip hop na academia Allegro de Vigo e cinco anos de ballet clá­sico, entre outras cousas.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS