Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 10.12.2018 Actualizado 21:09
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Comunicación

fútbol americano

EEUU detense para ver os anuncios da Super Bowl

Máis de cen millóns de persoas seguirán por televisión este multitudinario acontecemento que trascende o deportivo

EFE   | 06.02.2011 
A- A+

A final da liga de Fútbol Americano (NFL), un evento que engancha a máis de 100 millóns de espectadores en televisión, é todo un acontecemento eºn EEUU pero hai quen, por encima do xogo, prefire os enxeñosos anuncios que se emiten durante as súas múltiples interrupcións.

O partido disputarano o día 6 os Pittsburgh Steelers e os Green Bay Packers no Cowboys Stadium, de Arlington (Texas), un estadio con capacidade para máis de 93.000 espectadores, que verán como Christina Aguilera interpreta o himno estadounidense antes do duelo e gozarán de The Black Eyed Peas ó descanso.

O custo medio por entrada é superior ós 3.600 dólares (2.650 euros). Caro? Non. Sobre todo se se ten en conta os 3 millóns de dólares (2,2 millóns de euros) que as empresas pagarán por un anuncio de 30 segundos en pantalla.

Segundo as estimacións de varias compañías, as limitacións que sufriu o Recession Bowl do ano pasado diminuíron. Se hai 12 meses as tarifas oscilaban entre os 2,5 e os 2,9 millóns de dólares (1,8 e 2,1 millóns de euros) por anuncio publicitario, agora roldan os 2,8 e os 3 millóns de dólares (2 e 2,2 mi- llóns de euros).

Algo lóxico cando a edición pasada rexistrou unha audiencia de 106,5 millóns de persoas, no que foi o programa máis visto na historia da televisión de EEUU, tras bater o final da serie M-A-S-H.

Ademais a zona de Dallas/Fort Worth espera superar a súa marca de visitantes e de ingresos relacionados co evento deportivo, que se espera excedan os 200 millóns de dólares (147 millóns de euros).

E Hollywood non é alleo a un mercado con tanto potencial. Os estudos teñen previsto promocionar polo menos 13 das grandes películas que se estrearán no país nos próximos meses, como é o caso de Transformers: Dark of the Moon, Super 8 ou Thor.

A cadea Fox, que emitirá o partido en directo, gañará máis de 200 millóns de dólares (147 millóns de euros) pola publicidade. Moitas desas marcas corresponden á industria do automóbil.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS