Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 12.11.2019 Actualizado 23:42
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Comunicación

rodaxe

A Galicia dos anos 40, en clave de humor negro

A obra de Camilo José Cela regresa de novo á televisión a través da película ‘O bonito crime do carabineiro’ protagonizada por Manquiña

E.P . SANTIAGO   | 04.07.2009 
A- A+

c.p.
Toño Casais, Manuel Manquiña, Zaza Ceballos, Miguel Conde, Laura Ponte e Antón Varela, pola esquerda
FOTO: c.p.

A obra do Premio Nobel Camilo José Cela regresa de novo televisión a través da película O bonito crime do carabineiro, que evocará o espírito da Galicia dos anos 40 a través dunha mirada crítica e en clave de humor negro, trazos característicos do estilo celiano. Os actores Manuel Manquiña, Laura Ponte e Toño Casais serán os protagonistas dun filme que comezará a súa rodaxe o vindeiro luns e que estará producida por Zenit TV e Pórtico de Comunicacións.

O director da película, Miguel Conde, manifestou onte na presentación da rodaxe que esta vez "a responsabilidade será maior pola calidade do texto de Cela". Pola súa banda, a directora da produtora Zenit TV, Zaza Ceballos, incidiu na "magnífica adaptación da obra" levada a cabo por Fernando García Corugedo e Mario Camus, quen xa dirixiu en 1982 a película La colmena, tamén baseada na obra do Premio Nobel. O bonito crime do carabineiro estará baseada no relato do mesmo título, na novela curta O muíño de vento e no conto titulado "A familia do heroe ou discurso dos últimos restos", tres obras de Cela que se unen a través dunha mesma estrutura: un personaxe que conta unha historia. "Será un exemplo do bo facer que temos aquí", afirmou Zaza Ceballos.

"É un bo texto e unha boa adaptación"

Tanto as localizacións do filme (Tui, Santiago, Trazo e Vedra), como o vestiario "traballado con absoluto rigor", servirán para retratar a Galicia de principios do século pasado en forma de comedia negra. Manquiña mostrouse satisfeito porque o seu é un "bo personaxe" e porque a película conta, ademais, "cun bo texto e cunha boa adaptación" e o personaxe é perfecto para el.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS