Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Comunicación

A Mesa convocará mobilizacións ante a "indignación" pola "desaparición" da lingua galega dos diarios

E.P.  | 27.06.2011 
A- A+

A Mesa pola Normalización Lingüística trasladou a súa "solidariedade" cos traballadores do diario 'Galicia Hoxe', que sairá este martes por última vez, e anunciou que convocará mobilizacións ante a "indignación" pola "desaparición" da lingua galega dos xornais.

En declaracións a Europa Press, o presidente da Mesa, Carlos Callón, subliñou a súa "indignación" polo peche do "único diario en galego do país", polo que criticou que "o pouco" que había na lingua de Galicia "estea a caer como as pezas dun dominó" debido, ao seu xuízo, "á Xunta".

Ao respecto, Callón comentou que con Alberto Núñez Feijóo á fronte da Xunta "non se mellora" a situación do galego nos xornais, "senón que se está a eliminar o pouco que queda" pola "falta de axudas".

Neste sentido, recordou o peche de 'Vieiros', da edición impresa de 'A Nosa Terra', 'A Peneira', e "agora únese Galicia Hoxe", lamentou. "É moi grave para a lingua galega o peche de este medio e para a liberdade de expresión", apostilou Carlos Callón, quen engadiu que "non son importantes correas de transmisión do goberno, polo que deixan de ter axudas da Xunta".

Por todo, iso, A Mesa avanzou que estudará as datas de mobilizacións a celebrar en próximos días contra a desaparición do galego dos xornais e denunciar que "o galego pasa a non ter presenza nos quioscos". Con estas protestas pretenden, segundo dixo, chamar a atención dos cidadáns, sobre "como o Goberno está a matar a lingua" galega que, asegurou, recibe "ataques como nunca en 30 anos da autonomía".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS