Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 19.07.2019 Actualizado 12:36
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Comunicación

tvg

Paco Lodeiro debuta en "Pequeno Gran Show"

O espazo "Ciencianosa" que dirixe e presenta Xosé Durán, achégase a unha investigación da Universidade da Coruña que analiza as modificacións xenéticas sufridas por persoas que limparon o chapapote do "Prestige"

REDACCIÓN . SANTIAGO   | 04.02.2007 
A- A+

Novo presentador, novo decorado, novo día e hora, novas seccións... toda esta serie de elementos darán paso a unha nova etapa na vida televisiva de Pequeno Gran Show, o magacín onde os protagonistas son os rapaces e que volve á canle galega da man de Paco Lodeiro, xunto a Damián Cortés.

Mentres todos agradecen en Santalla, a vila na que transcorre Libro de Familia, o que Marcos fixo por eles respecto da leña dos montes, o pai D. Román intriga con Lupe; pero el quere vinganza e non ten paciencia, así que Lupe lle recomenda algo pensado e a longo prazo, que inclúe empregar a Marcos como cabeza de turco para os seus propósitos vinculados á plantación de eucaliptos.

Onda Curta emite hoxe unha reportaxe para dar a coñecer un avance da nova fornada de curtas que agarda para o 2007. O programa científico da Galega, Ciencianosa, que dirixe e presenta Xosé Durán, achégase aos estudos recentes dun grupo de investigadoras da Universidade da Coruña, que analizaron as modificacións xenéticas sufridas por varias persoas que traballaron recollendo chapapote despois do naufraxio do Prestige.

O programa Miraxes viaxará en directo a Cannes, na costa azul francesa, para asistir ao desembarco musical galego no Midem, a maior feira mundial da industria musical. Galician Tunes é a marca que representa e promociona a música galega en todo o mundo.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS