Xoves 09.09.2010  | Actualizado 10.57      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Comunicación  |  RSS - Comunicación RSS

"El País" cae nunha trampa de La Sexta e anuncia boxeo malia telo prohibido

03.10.2009

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

F.V

El Intermedio conseguiu que o xornal de Prisa El País anunciase boxeo, algo que prohibe o seu Libro de Estilo. Como no seu día pasou coa canle Intereconomía e o famoso vídeo da bolseira "vexada" por Wyoming volveu facer da súas. A historia comeza cando, na súa edición madrileña de antonte, o xornal recollía un anuncio dunha suposta "Gran velada de boxeo entre Javier Toro Esquina Vs. Manuel Rico". Este reclamo publicitario, que podería parecer normal, non o é tanto se temos en conta que, segundo o Libro de Estilo do diario, este non pode publicar "informacións sobre competición boxística". A reporteira Tania Llasera púxose en contacto co xornal para pór o anuncio dunha velada de boxeo ficticia, ofrecendo a cambio unha substancial suma de diñeiro. O obxectivo era claro: ver se o diario xeneralista máis lido de España prefería o diñeiro ou seguía cos ollos pechados os ditames do Libro de Estilo.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS