Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 13.12.2019 Actualizado 21:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Comunicación

Acordo

Os requisitos de pluralidade, tamén nas TV privadas

Obrigará a incluír ó final de cada informativo un bloque sobre a campaña electoral

EFE   | 30.06.2010 
A- A+

A subcomisión creada no Congreso para analizar a reforma da Lei electoral xeral alcanzou onte luns un acordo para ampliar ás televisións privadas de carácter xeneralista os requisitos de pluralidade, neutralidade informativa e proporcionalidade que a Xunta Electoral Central aplica a RTVE durante as campañas electorais. Así o anunciaron nunha rolda de prensa conxunta na Cámara Baixa os relatores de PSOE e PP nesa subcomisión, José María Benegas e José Antonio Bermúdez de Castro, respectivamente, que sinalaron que este acordo conta tamén coa aquiescencia de PNV, CiU e Esquerda Unida.

Benegas salientou que o acordo se adoptou por mor da petición que cursou á subcomisión a Xunta Electoral Central reclamando que se regulase a actuación dos medios privados durante as campañas electorais. A semana pasada, a subcomisión comprometeuse a buscar unha fórmula. A extensión dos criterios de "neutralidade informativa, pluralidade e proporcionalidade" ás televisións privadas obrigará as cadeas xeneralistas a incluír ao final dos seus informativos un bloque informativo específico sobre a campaña electoral que haberá de respectar escrupulosamente, como agora fan as públicas, o tempo dedicado a cada formación política en función da súa representación parlamentaria.

"Trátase de que todos os medios, sexan públicos ou privados, se sometan ás mesmas regras que fixo a Xunta Electoral", explicou Bermúdez de Castro, mentres que Benegas insistiu en que as televisións privadas funcionan por concesións públicas. A inclusión dese bloque electoral ao final dos telexornais das cadeas privadas non impedirá que cada canle poida organizar como lle praza o resto dos contidos do seu informativo.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS