Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 15.11.2018 Actualizado 14:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Comunicación

Rocío Carrasco volve "o corazón"

"Hola" inclúe unha reportaxe sobre as cinco mulleres de "Mira quién baila"

. FAX PRESS   | 06.12.2006 
A- A+

A volta á vida social de Rocío Carrasco tras a morte da súa nai, Rocío Jurado, as concursantes de ¡Mira quién baila! e o xurado de Operación triunfo, Risto Mejide, protagonizan as revistas do corazón, que adiantaron a onte a súa publicación debido á festa da Constitución. Lecturas abre a súa portada cun primeiro plano de Rocío Carrasco na súa volta ó traballo e titula, en páxinas interiores, cunhas declaracións súas: "Ata agora non me sentía con forzas".

Semana tamén dedica o seu espazo máis destacado en primeira a filla de Rocío Jurado, da que, asegura, está "máis resignada" afirmar que "a vida continúa". Mentres Hola destápase cun "elegante" posado fotográfico das cinco participantes da última edición do concurso de baile de TVE, ¡Mira quién baila! Para a publicación, a cantante Rosario Mohedano, a ximnasta Ronsel Giménez, as modelos Antonia Dell"Ate e María Reyes e Carmen Martínez Bordiú son "as cinco moi distintas, unidas por un mesmo reto e convertidas en amigas".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS