Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 24.05.2019 Actualizado 20:30
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Comunicación

a galega

Uxía Blanco entrevista a actriz Rosa Álvarez

Comentará o seu traballo na película "De bares", a primeira longametraxe do director galego Mario Iglesias ·· O espazo "Planeta Cine" acode ó Teatro Principal onde está desenvolvéndose o ciclo de "Cineuropa"

REDACCIÓN . SANTIAGO   | 03.11.2006 
A- A+

Planeta Cine ofrecerá hoxe o seu programa dende o Teatro Principal do Santiago, un dos escenarios nos que se desenvolverá durante este mes de novembro o Festival Cineuropa, que chega á súa 20ª edición cunha oferta de máis de 150 filmes. Este festival, plenamente consolidado nunha cidade que cada outono vibra ao ritmo das bobinas cinematográficas, presenta unha ampla oferta de películas e documentais que non adoitan exhibirse nos circuítos comerciais habituais.

No Planeta Cine desta noite tamén haberá espazo para outro importante certame que nas próximas datas se celebra en terras galegas, o Festival de Cine Independente de Ourense, punto de encontro dos afeccionados e profesionais do medio cinematográfico de Galicia e o Norte de Portugal.

Xa no apartado dedicado á entrevista, Uxía Blanco falará coa actriz Rosa Álvarez, que comentará o seu traballo na película De bares, a primeira longametraxe do director galego Mario Iglesias, rodada en Pontevedra.

Pola súa banda, os espectadores da Galega trasladaranse unha noite máis á Galicia de hai cen anos na compaña das familias González e Peña, concursantes no reality A Casa de 1906. Aínda que as cousas non son doadas para cada un dos habitantes, por vivir privados das comodidades actuais, son continuas as probas e sorpresas para motivar a convivencia.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS