Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Deportes

COPA DO MUNDO 2010 ·· suráfrica

Chile gaña 48 anos despois

17.06.2010  Un gol de Beausejour a media hora de partido deulle os tres puntos á selección de Marcelo Bielsa ante unha frouxa Honduras

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

GINÉS MUÑOZ . NELSPRUIT

Os xogadores chilenos apláudenlles ós seus afeccionados tras impoñerse a Honduras no seu debut mundialista FOTO: EFE
Os xogadores chilenos apláudenlles ós seus afeccionados tras impoñerse a Honduras no seu debut mundialista
FOTO: EFE

Un gol de Beausejour a media hora de partido deulle a Chile a súa primeira vitoria mundialista en 48 anos e permitiulle ó equipo de Marcelo Bielsa sumar os seus tres primeiros puntos ante un frouxo Honduras (0-1) que, polo que mostrou onte pola tarde, se confirma como a cincenta do grupo.

0. Honduras: Valladares; Mendoza, Chávez, Figueroa, Izaguirre, Palacios, Guevara (Thomas, min.64), Álvarez, Núñez (Martínez, min.78), Espinoza e Pavón (Welcome, min.60).

1. Chile: Bravo; Illa, Medel, Ponce, Vidal (Contreras, min.81), Carmona, Millar (Jara, min.52), Fernández, Sánchez, Valdivia (Mark González, min.87) e Beausejour.

Goles: 0-1: Beausejour (min.34).

Árbitro: Eddy Maillet. Mostroulles cartolina amarela a Carmona, Matías Fernández, Wilson Palacios.

Campo: Primeiro partido do Grupo H do Mundial 2010, disputado no estadio Mbombela de Nelspruit ante 32.666 espectadores.

O último triunfo de Chile nun fase final da Copa do Mundo remóntase ó 10 de xuño de 1962, cando venceu, como anfitrioa, á ex Unión Soviética na cidade de Santiago (2-1). Desde entón, non puidera gañar nin un só encontro -sete derrotas e seis empates- nas súas seguintes catro participacións: Inglaterra 66, Alemaña 74, España 82 e Francia 98. En cambio, Honduras, que aínda busca o primeiro triunfo mundialista da súa historia, terá que esperar, porque hoxe se atopou cun rival moi superior no futbolístico e que mereceu, por xogo e ocasións, moito máis.

O de Chile pinta ben. É un equipo dinámico, veloz, atrevido, que xoga coas liñas moi xuntas, ó que lle gusta dar un bo trato ó balón e practicar un fútbol atractivo. Saíu a polo partido desde o primeiro minuto. E fíxoo atacando sen cesar polas ás, con dous laterais ofensivos como Vidal e Illa e cun Alexis Sánchez hiperactivo nas bandas que levou de cabeza os laterais hondureños. Aínda así, a Chile fáltalle instinto asasino se non ten a Humberto Suazo, o seu goleador, ó que Bielsa reservou onte despois de que o Chupete pasara as dúas últimas semanas recuperándose dunha lesión muscular.

 

O VINDEIRO LUNS

"A ombrada contra a Vermella"

O segundo técnico de Honduras, Alexis Mendoza, recoñeceu que ó seu equipo lle tocará "facer a ombrada" contra España. Confía en "subir o nivel" ante o equipo de Vicente del Bosque o vindeiro luns

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS