Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 22.07.2019 Actualizado 13:26
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Deportes

fútbol

Marcel Domingo morre ós 86 anos

O francés foi o adestrador que acabou coa hexemonía do Real Madrid

S.E.   | 12.12.2010 
A- A+

O francés Marcel Domingo, que faleceu o venres pola noite en Arlés (Francia) ós 86 anos, desenvolveu a súa carreira como porteiro e adestrador en España e foi no Atlético de Madrid onde alcanzou a gloria, ó gañar tres ligas, dúas como cérbero e unha como técnico, coa que acabou con tres anos de hexemonía do Real Madrid. Foi na campaña 1969-70. O Real fora campión na 66-67, 67-68 e 68-69 e marcaba unha tendencia que parecía moi difícil de superar.

Pero o Atlético fichou en xuño de 1969 a Marcel Domingo. O francés xa militara no club branquivermello como porteiro e deixara pegada. En 1949 logrou o trofeo Zamora ó porteiro menos goleado e nas campañas 1949-50 e 1950-51 fíxose con dous títulos de liga con Helenio Herrera como adestrador. En 1953 volveu conseguir o trofeo Zamora, esta vez coa camiseta do Español.

Xa como xogador, Domingo destacara pola súa valentía, dentro e fóra dos terreos de xogo. Era unha persoa que dicía o que sentía e non se arredraba por nada. Levaba o Atlético no sangue.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS