Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 13.11.2019 Actualizado 23:31
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Deportes

Nace "A Nosa Champions" para marcarlles goles aos prexuízos

A nova liga de fútbol sala estará formada por asociacións de persoas con problemas de saúde mental

ECG   | 07.11.2019 
A- A+

Polo fútbol, cara á normalización. E cara á visibilización, sobre estes eslóganes virará A nosa Champions, unha nova liga de fútbol sala na que participarán equipos pertencentes a asociacións de persoas con problemas de saúde mental en Galicia.

O torneo é unha iniciativa integradora de responsabilidade social creada por Saúde Mental Feafes Galicia e organizada pola Real Federación Galega de Fútbol a través da Fundación do Fútbol Galego. "Trátase dunha competición deportiva coa que se pretende marcarlles goles aos prexuízos e xutar forte para eliminar o estigma que rodea ás persoas que sofren este tipo de doenzas", enfatizan dende a RFGF que destaca o papel do deporte "como estupenda ferramenta de normalización".

Na primeira edición tomarán parte 8 equipos divididos en dous grupos: Norte e Sur. En total serán seis xornadas e a gran final está prevista para a primeira quincena de xullo.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS