Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 21.11.2019 Actualizado 20:43
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Deportes

OURENSE

Xornada sobre a xestión deportiva saudable

ECG   | 07.11.2019 
A- A+

A Deputación de Ourense, en colaboración coa Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Xestores Deportivos, organiza unha xornada que afondará na xestión deportiva saudable. Está destinada á formación de responsables políticos e técnicos implicados na promoción deportiva, e terá lugar mañá no centro cultural Marcos Valcárcel de 16.00 a 20.00 horas. A cita foi presentada onte no Pazo Provincial polo asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González; o presidente da Federación de Asociaciones de Gestores del Deporte, Eduardo Blanco; o delegado en Ourense da Asociación Galega de Xestores Deportivos, Fernando Alonso; e o xefe de servizo de Deportes da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta, Manuel Pérez.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS