Hemeroteca web
|
RSS
Xoves 17.05.2012
| Actualizado 02.02
O BNG acusou onte o Goberno de formular a reforma laboral que quere a dereita (o PP e a patronal), xa que rexeitou o diálogo coas forzas políticas e prevé adoptar unhas medidas nas que xa incidiu o Goberno de José María Aznar. A deputada do Bloque Nacionalista Galego Olalla Fernández fixo estas consideracións pouco antes de que se coñecese o contido do decreto-lei do Goberno coas bases para un novo modelo laboral, pero engadiu que o seu partido oporase a este decreto, que chegará ó Congreso para a súa convalidación a semana que vén. Segundo explicou a deputada, os aspectos que baixo ningún concepto aceptará o Bloque son a debilitación dos dereitos dos traballadores, extremo que ó seu entender podería ser unha realidade se a empresa pode desvincularse dos convenios colectivos, e o abaratamento do despedimento. A deputada do BNG tamén criticou o PP por oporse ás formulacións iniciais da reforma "por razóns puramente electorais e de cinismo político".
