Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Economía

Emprego

Boom de despidos obxectivos

21.01.2011  Os contratos fixos ordinarios reducíronse un 15,6%, o que supón que non se rexistra un "efecto de substitución" cos contratos de fomento do emprego estable

5.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EFE . MADRID

O ministro de Traballo, Valeriano Gómez, presentou os primeiros datos da aplicación da reforma laboral FOTO: juan m. espinosa/efe
O ministro de Traballo, Valeriano Gómez, presentou os primeiros datos da aplicación da reforma laboral
FOTO: juan m. espinosa/efe

O ministro de Traballo, Valeriano Gómez, asegurou onte que os primeiros datos sobre a aplicación da reforma laboral indican que se está cambiando a forma de despedir en España, xa que están diminuíndo os despedimentos improcedentes e están aumentando os obxectivos.

En rolda de prensa, Gómez destacou que entre xullo e novembro de 2010 ano houbo 250.727 despedimentos improcedentes, os coñecidos como "express", o que supón o 24,6 % menos respecto dos 332.792 efectuados entre xaneiro e xuño, segundo os datos difundidos polo Ministerio de Traballo.

A diminución é do 9,6 % se se compara a media mensual de despedimentos improcedentes entre xullo e novembro (50.145) coa do período xaneiro-xullo (55.465). Namentres, neses cinco meses posteriores á reforma houbo 66.938 despedimentos obxectivos, o 10,3 % menos que no primeiro semestre de 2010, aínda que a media mensual (13.388) dá un aumento do 7,6 %. Desta forma, o peso dos despedimentos improcedentes pasou de supor o 80,4 % en xuño ó 66,3 % en novembro, mentres que o dos despedimentos obxectivos subiu do 18,3 % ó 22,7 %.

Segundo recordou Gómez, un dos obxectivos da reforma é que as empresas utilicen máis o despedimento obxectivo (cuxa indemnización é de 20 por ano traballo cun tope de doce mensualidades) que o improcedente (45 días por ano traballado cun tope de 24 mensualidades). Por iso, aínda que reiterou que os datos son provisionais -a reforma laboral entrou en vigor, tras a súa convalidación legal, o 19 de se-tembro- van na "boa dirección".

Outros datos que resaltou o ministro de Traballo foron os relativos á contratación e as súas bonificacións, dos que, en ambos os casos, as cifras son desde setembro a decembro. Nese período, os contratos de fomento do emprego estable (cuxa indemnización por despedimento improcedente é de 33 días por ano traballado e que se queren fomentar na reforma) ascenderon a 167.193, o que representa un incremento do 52,1 % respecto dos seis meses anteriores á aplicación da reforma. O ministro precisou que en novembro o crecemento interanual deste tipo de contratos foi do 81,2 % respecto do mesmo mes dun ano antes e en decembro do 136,5 %.

Namentres, os contratos fixos ordinarios (cunha indemnización de 45 días) reducíronse un 15,6 %, dixo Gómez, quen indicou que isto supón que non está habendo un "efecto de substitución" cos de fomento do emprego estable.

Do crecemento dos de fomento Gómez informou que se debeu ás conversións de temporais a indefinidos, que pasaron de menos de 2.000 antes da reforma a máis de 26.129. Segundo o ministro, prevíase que estas conversións se producisen unha vez consolidada a recuperación económica, pero xa se está conseguindo, posto que o 55 % das conversións están sendo en contratos de fomento, cando antes da reforma non chegaban ó 5 %, dixo.

Paralelamente, houbo un 33 % menos de contratos iniciais de fomento que no último semestre de 2009, o que para Gómez significa que as empresas están optando por transformar máis "rapidamente" os temporais en indefinidos de fomento do emprego.

Dos contratos formativos, resaltou que entre xullo e decembro de 2010 asináronse 61.744.

A CERNA

Bonificacións para crear emprego

Das bonificacións á contratación Gómez recordou que se reduciron un 78 % porque se centraron en mozos e parados maiores de 45 anos de longa duración. En total, bonificáronse 110.508 contratos, dos que 27.140 foron indefinidos e 83.368, temporais. Para o colectivo de mozos de entre 16 e 30 anos bonificáronse 1.126 contratos, para maiores de 45 anos 45.844, para outros colectivos máis de 8.000 e para conversións en indefinido 13.060.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS