Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 17.01.2020 Actualizado 21:01
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Rede

FUTURO

Agestic aposta polas firmas TIC certificadas

Aenor entrega o martes en Santiago as acreditacións ISO 20000 a quince empresas galegas

EN REDE . SANTIAGO   | 27.11.2010 
A- A+

X.C.
Agestic promove proxectos de aproveitamento e difusión das tecnoloxías como ‘DifundeTIC
FOTO: X.C.

"Galicia aspira a ser líder en España en empresas tecnolóxicas certificadas", aseguraba onte a Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías de Información e Comunicación, Agestic, nun comunicado no que tamén anuncia que o vindeiro martes se celebrará en Santiago o Seminario ISO 20000 para empresas TIC.

O evento desenvolverase o martes 30 a partir das 10.30 horas no Centro ON Caixa Galicia, na rúa Nova de Santiago e inclúe a entrega das acreditacións que lles concede a Asociación Española de Normalización y Certificación, Aenor, ás 15 empresas que participaron no proxecto 2009-2010 de certificación. A apertura do acto será ás once da mañá, e anunciaron a súa presenza o subdirector xeral de Calidade da Secretaría Xeral de Modernización, Jaime Barros Leboreiro, e o presidente de Agestic, José María López Bourio.

De contado, a consultora Milenka Macdowall falará da implantación da norma ISO 20000 nas empresas TIC e Carlos Manuel Ferná explicará o punto de vista da entidade certificadora.

Sonia Rábade referirase a continuación ás vantaxes existentes para as empresas TIC por participar neste proxecto colaborativo de Agestic subvencionado polo Plan Avanza 2010.

Ás doce e media entregaránselles as acreditacións Aenor ISO 27001 e ISO 20000 ós representantes das empresas TIC participantes no proxecto de Agestic 2009. Finalmente pecharase o acto coas intervencións de Jose María López Bourio, Jaime Barros Leboreiro, e do presidente de Aenor Manuel López Cachero.

O presidente de Agestic lembrou que as pequenas e medianas empresas galegas do sector TIC "valoran cada vez máis as vantaxes de obter certificacións UNE/ISO que lles permitan mellorar os seus procesos e ser máis competitivas", indicou Agestic a través dun comunicado.

Estas certificacións, "tanto en calidade, como en servizos de tecnoloxías da información, convertéronse no factor diferencial entre as compañías e por iso Agestic é líder en Galicia en promover estas iniciativas no marco do Plan Avanza, conseguindo un novo proxecto que vai beneficiar 33 empresas".

Agestic promove proxectos de aproveitamento e difusión das tecnoloxías como "DifundeTIC", presentado en novembro do 2009 pola secretaria xeral de Modernización, Mar Pereira, e José María López Bourio.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS