Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 14.11.2019 Actualizado 14:45
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Rede

SECTOR

Agestic pide eleccións no Clúster TIC e a reforma dos estatutos

EN REDE   | 23.06.2011 
A- A+

A Asociación Gallega de Empresas TIC (Agestic) emitiu onte un comunicado no que pediu "a convocatoria electoral" no Clúster TIC Galicia "deixando paso a outro presidente e á negociación dunha reforma estatutaria e de obxectivos". Agestic repasa as súas propostas recentes e lembra que "a realidade é que tanto Agestic como Eganet levan desde setembro de 2010 intentando acordar unha serie de modificacións nos Estatutos do Clúster, sendo reiteradamente bloqueados e pechadas as negociacións por orde expresa de Rafael Valcarce". As dúas asociacións subscribiron e entregaron un documento no Rexistro do Clúster o día 2 de febreiro de 2011, coa proposta "de abrir o Clúster ás pemes e a todas as asociacións TIC galegas, de democratizar a participación, de que as empresas de Galicia fosen as verdadeiras protagonistas tendo a capacidade de decisión, de que as empresas ou entidades foráneas non puidesen ser membros elixibles dos órganos de goberno pasando a constituír un Consello Asesor, de limitar o número de delegacións de voto na Asemblea, de reformular o sistema de representación pasando a ser unha empresa un voto e de incompatibilidade de acumulación de cargos dos directivos".

O documento exposto por Agestic e Eganet pide, entre outras cousas "maior transparencia democrática" e "que as empresas grandes non tivesen o control da Asemblea".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS