Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Martes 29.07.2014  | Actualizado 20.36

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Rede

CONGRESO FITCE

A Axenda Dixital, clave para crear emprego

Mar Pereira dixo na apertura do simposio Fitce que a Xunta quere que en 2014 os expedientes administrativos se tramiten por internet - FOTO: SXMIT
Mar Pereira dixo na apertura do simposio Fitce que a Xunta quere que en 2014 os expedientes administrativos se tramiten por internet - FOTO: SXMIT

EN REDE . SANTIAGO   | 03.09.2010 
A- A+

A Axenda Dixital de Galicia, 2014.gal, será a clave "para crear emprego e riqueza, construír unha administración máis eficiente e cercana, capacitar os cidadáns para o mercado global e dotar a comunidade de infraestruturas de telecomunicacións modernas e sostibles", afirmou onte a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, na inauguración da 49 edición do Congreso Fitce, o simposio europeo das TIC que se desenvolve ata mañá en Santiago baixo o lema O Camiño de Santiago e as telecomunicacións europeas.

Uns 500 profesionais das telecomunicacións de toda Europa participan neste encontro, organizado polo Colexio e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (Coetg-AETG), co apoio da Asociación Española de Ingenieros de Telecomunicación (AEIT), e no que se debate sobre o futuro das infraestruturas de telecomunicacións na Unión Europea.

Os relatores e relatoras están a analizar novos servizos e aplicacións TIC e as infraestruturas intelixentes que se despregarán nos vindeiros anos, como as recollidas na Axenda Dixital de Galicia, cuxos obxectivos, afirma Mar Pereira, son "ambiciosos pero alcanzables".

Pereira lembrou que 2014.gal é a estratexia global da Xunta en materia tecnolóxica e "establece a folla de ruta para acadar un crecemento sostible e converxer con Europa no 2020" e entre as súas metas está a promoción e a creación, no ámbito da economía do coñecemento, de máis de 12.000 empregos ata 2014, pasando do 1,6% ó 2,5% da poboación ocupada na comunidade. Ademais, informou a Xunta "potenciarase a transformación do sector da economía do coñecemento para aumentar a súa actividade económica en 800 millóns de euros máis para o 2014, pasando do 4,8% ó 6% do PIB".

A capacitación dixital da sociedade é outra das claves da Axenda Dixital, contemplando reducir a fenda dixital co obxectivo "irrenunciable de converxer coa Unión Europea nos indicadores esenciais de emprego das TIC en fogares, pemes e autónomos". Mar Pereira asegurou que esta Axenda, plenamente aliñada coa Axenda Dixital Europea, "pon de manifesto que malia que o Camiño de Santiago constitúe o primeiro nexo de unión entre Galicia e Europa, os seus vínculos non se limitan a esta ruta de peregrinación. A través das súas correspondentes Axendas Dixitais, as dúas asumen o compromiso de lograr un crecemento intelixente, sustentable e integrador que permita obter altos niveis de emprego, de produtividade e de cohesión social".

Hoxe, segunda xornada do simposio Fitce, continúan as sesións desde as nove da mañá no Palacio de Congresos santiagués, e ás oito da tarde os asistentes trasladaranse ó Hostal dos Reis Católicos para a cea de gala da XV Noite Galega das Telecomunicacións.

Mar Pereira dixo na apertura do simposio Fitce que a Xunta quere que en 2014 os expedientes administrativos se tramiten por internet e que o 100% dos funcionarios teñan competencias dixitais. Estivo acompañada polo presidente de Fitce, Andrea Penza, no centro, e Miguel Merino, vicedecano do Coetg.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS