Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 02.04.2020 Actualizado 14:36
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Rede

TECNOLOXÍA

INNOVA-G, Ideas para o futuro que xa son reais

EN REDE FOTO: ANTONIO HERNÁNDEZ   | 15.10.2010 
A- A+

Parte dos gañadores da primeira edición dos premios Innova-G, galardón centrado en recoñecer proxectos empresariais baseados nas novas tecnoloxías que xa se aplican hoxe en día. A web oficial do certame está en www.premiosinnovag.org e nela hai máis infor

Ideas con visión de futuro pero con aplicación no presente, iso pretende avalar a primeira edición dos premios InnovaG, promovidos pola Asociación Galega de Empresas TIC (dedicadas ás Tecnoloxías da Información e as Comunicacións), proxecto cofinanciado pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, o Igape e do Fondo Social Europeo.

Nada máis gráfico que un puntazo como o recibido polos once proxectos emprendedores premiados para resumir o mérito de traballar en propostas empresariais que miran ó século XXI, onde nacen novas vías de negocio e emprego a través das portas que abren o crecemento das redes sociais, a disposición de internet en case todas partes, os teléfonos móbiles intelixentes e outros nacentes recursos.

Boa parte dos premiados resumen para este diario o que entenden como sinónimo do termo Innova-G, eixe deste recoñecemento.

Jesús Pérez, de www.Pleiteando.com: "Futuro".

Carlos Chaves, de www.On Touch.es: "Diferente".

Diego Vilariño, do estudo Sond3: "Progreso".

César Pérez, de Webphone.es: "Unha oportunidade en Galicia".

Fran Castro, de Metro de Galicia: "Un paso adiante".

Manuel Nogueira, de Novaxove: "A innovación para xente nova".

Enrique de Miguel, de RuraisLAB Galicia: "Cambiar as regras de xogo".

Lolo Rei, de Loro Studio: "Facilidade".

Todos eles presentes nun acto celebrado cun rechamante over­booking no salón Obradoiro do Centro On de Caixa Galicia en Santiago, onde varios presentes entraron na zona do apertivo posterior abrindo un debate informal que flotaba no aire da cerimonia: "Convén dar dotación económica ós premios InnovaG 2011".

A listaxe das ideas que se galardoaron nesta edición

- Idea de negocio 2.0: Webphone, converte un clic en chamada.

- Emprendedor 2.0: Pleiteando.com, rede social xurídica.

- Campaña social media: Paco Lola Albariño, adega de viños.

- Innovación: Novaxove, blog sobre innovación.

- Solución tecnolóxica para móbil: OnTouch.es, web publicitaria.

- Desenvolvemento 2.0: Jobsket, portal de emprego gratuíto para rexistrar currículos.

-Aplicación para móbiles: Loro Studio pola bolsa de emprego do Concello de Santiago.

- Deseño Adaptado: web do filme "Setembro".

- Desenvolvemento cidadán: Libro web educativo, www.netex.es.

-Desenvolvemento de RSE: RuraisLAB Galicia, igualdade

e emprego.

-Desenvolvemento audiovisual: Sond3 pola web de moda de Sara Lage e Maru Calderón.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS