Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Luns 20.05.2013  | Actualizado 00.16

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Santiagoteespera.com
Rede

FUTURO

Modernización achega 112.000 euros para difusión das TIC desde o Cpeig

EN REDE   | 16.09.2010 
A- A+

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica colaborará co Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (Cpeig) "no desenvolvemento de actuacións de formación, capacitación e promoción no ámbito das tecnoloxías da información", anunciou onte nun comunicado. Así se recolle nun convenio asinado onte entre ambas as entidades e "en virtude do cal o departamento autonómico achegará 112.000 euros ó Cpeig para a realización de seis actividades": tres xornadas formativas, a elaboración dun estudo sobre a situación da sinatura electrónica, a celebración da II Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia e a posta en marcha do Plan Navega con Rumbo.

Este último inclúe a elaboración dunha ferramenta orientada a escolares para que poidan "buscar información para realizar os seus traballos e completar o estudo das materias, divertirse xogando no tempo de lecer e comunicarse con persoas doutros lugares". Busca implicar o profesorado así como os pais e nais na navegación responsable dos escolares e "con ese obxectivo elaborará 25.000 guías para alumnos, familias, e profesorado, cada unha delas cun decálogo de recomendacións e un glosario de ligazóns de interese", di a nota de prensa. A iniciativa contempla tamén a creación dunha páxina web específica do programa, con todos os materiais impresos e un xogo.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS