Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Domingo 19.05.2013  | Actualizado 17.06

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Santiagoteespera.com
Rede

TECNOLOXÍA

O novo sistema de enderezos da rede, a proba o 8 de xuño

Grandes provedores de contidos cambiando IPv4 para o IPv6 por unha xornada para o "exame final"

Jordi Palet explicou na xornada organizada polo Cesga e por Modernización que o custo da transición para os provedores non é elevado - FOTO: H. NEIRA
Jordi Palet explicou na xornada organizada polo Cesga e por Modernización que o custo da transición para os provedores non é elevado - FOTO: H. NEIRA

HENRIQUE NEIRA  | 06.04.2011 
A- A+

Os principais provedores de contido en internet, que producen un 70% do tráfico da rede no mundo, escolleron o vindeiro 8 de xuño como a data para a primeira gran proba masiva de funcionamento do novo protocolo de intercambio de datos en internet, o IPv6, que substituirá o actual IPv4.

Con motivo da proximidade da data, o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) coa colaboración da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica organizou onte no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia en Conxo a xornada Preparando a Transición a IPv6, o Futuro de Internet. Nela, o membro da Task Force sobre IPv6 da Comisión Europea, Jordi Palet, explicou que o novo protocolo "está probado desde o ano 2002 e totalmente verificado" e mesmo xa se usa "en grandes redes intercontinentais", nas que conectan os países entre si, pero falta chegar ó conxunto dos usuarios finais -particulares, empresas, etc-, o que no sector se coñece como "a última milla".

Palet traballa desde hai anos no desenvolvemento, promoción e despregamento de IPv6 e sinala que algunhas probas limitan o número de erros ó cambiar de IPv4 a IPv6 a un 0,05% do total dos usuarios, pero dado que algúns provedores lles dan servizo a millóns de persoas en todo o mundo, unha cifra en principio tan pequena pode supoñer por exemplo "que webs como Yahoo! perdan un millón de usuarios no mundo, e iso unha empresa que factura por publicidade non o pode permitir".

Así, tras estudar os resultados da proba do 8 de xuño, os provedores poderán decidir implantar o novo protocolo de xeito inmediato ou "esperar semanas ou meses" para resolver mentres os problemas.

Con todo, nos países da rexión Asia-Pacífico os últimos enderezos IPv4 repartiranse neste mesmo mes de abril, o que podería supoñer que a gran maioría dos usuarios do mundo non poderían acceder a eses novos enderezos IPv6, o que suporía "unha nova fenda dixital", pois determinadas aplicacións non funcionan correctamente coa tecnoloxía habilitada para a transición.

O Centro de Supercomputación de Galicia xa ten preparado o seu equipamento para o cambio "desde hai cinco anos", explicaba onte o seu director, Javier García Tobío,

A secretaria xeral de Modernización da Xunta, Mar Pereira, sinalaba na apertura da xornada que desde as administracións "podemos contribuír á popularización de IPv6 con actos de difusión" e co "despregamento deste protocolo na propia administración e por suposto, adquirindo equipamento que garanta o soporte completo a IPv6, despregando sitios web, servidores de correo, e calquera outros servizos da administración pública visibles desde internet, que soporten IPv6 ou utilizando sistemas operativos que admitan IPv6."

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS