Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Rede

FUTURO

Plasae, tecnoloxía galega única no mundo

23.11.2010  A firma santiaguesa Audicon recibe o apoio de Microsoft para un software destinado ás pemes

5.0/5 [2 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

HENRIQUE NEIRA . SANTIAGO

O director de Desenvolvemento Corporativo de Microsoft Ibérica, Carlos de la Iglesia, esquerda, e o conselleiro delegado da empresa santiaguesa Audicon Auditores y Consultores, José Manuel García Cánovas FOTO: ANTONIO HERNÁNDEZ
O director de Desenvolvemento Corporativo de Microsoft Ibérica, Carlos de la Iglesia, esquerda, e o conselleiro delegado da empresa santiaguesa Audicon Auditores y Consultores, José Manuel García Cánovas
FOTO: ANTONIO HERNÁNDEZ

Microsoft e a empresa compostelá Audicon presentaron onte en Santiago a Plataforma de Servizos a Asesorías e Empresas, Plasae, unha solución singular polas súas características que opera en liña baseándose na tecnoloxía da nube, a cloud computing, para que despachos profesionais e consultorías poidan ampliar a súa oferta de solucións e as súas liñas de negocio, por exemplo analizando os activos de software das empresas para que estas poidan reducir custos en licenzas ou obtendo estatísticas do uso de cada unha das aplicacións instaladas nun posto de traballo.

Trátase dunha ferramenta "única no mundo", aseguraba onte en Santiago o conselleiro delegado de Audicon, José Manuel García Cánovas, quen sinalou que xa foi probada por máis de 600 profesionais e que recibiu o apoio de Microsoft para asegurar a calidade no seu desen- volvemento.

Entre as súas vantaxes, García Cánovas indica que fai posible "facer o traballo máis rápido e con más calidade" no caso das análises da tecnoloxía que empregan as empresas e que os bos resultados acadados por Plasae ata o de agora van permitir que nos primeiros meses de 2011 amplíen as súas instalacións de Santiago para crear novos postos de traballo e ofrecer nelas formación para os futuros usuarios e usuarias da plataforma.

O socio de Audicon e responsable de I+D+i da firma, José García Losada, indicou que Plasae está "orientada a asesores, non a empresas", e permite ofrecer "servizos de baixo custo e valor engadido moi alto coma análises de produción ou análise de redes", sempre de pequenas e medianas empresas de ata 100 postos de traballo, pois para compañías de maior tamaño "Microsoft xa dispón de ferramentas de maior complexidade e que requiren un investimento máis alto, pero que tamén achegan unha rendibilidade altísima". Salientou ademais que Plasae é unha ferramenta adecuada para detectar aplicacións instaladas polos usuarios sen permiso, que poden ser un problema pola necesidade de pagar licenza por elas, e que ó mesmo tempo aumenta "a produtividade" dos traballadores xa que "importa a calidade das aplicacións instaladas".

O director de Desenvolvemento Corporativo de Microsoft Ibérica, Carlos de la Iglesia, falou de Plasae como "un motivo de satisfacción e celebración" e subliñou catro das súas características principais: "É unha ferramenta que amosa un gran coñecemento do mercado, permite que os traballadores sexan máis produtivos, baséase na nube -que é o modelo do software do futuro-, e supón unha innovación do modelo de negocio". Por iso, desde Microsoft "estamos felices por colaborar no desenvolvemento desta ferramenta".

Plasae xa está a ser utilizada por 63 empresas hoxe e as previsións de futuro son inmellorables.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS