Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Rede

FUTURO

Telefónica aforrará 900 millóns en enerxía

06.09.2010 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

AXENCIAS . MADRID

Telefónica informa sobre as iniciativas no eido do medio natural en www.rcysostenibilidad.telefonica.com
Telefónica informa sobre as iniciativas no eido do medio natural en www.rcysostenibilidad.telefonica.com

O grupo español de telecomunicacións Telefónica propúxose reducir un 30 por cento o gasto enerxético das súas redes ata o ano 2015 co obxectivo de aforrar ata uns 900 millóns de euros. A importancia deste obxectivo radica en que o 85 por cento do gasto enerxético total de Telefónica se debe ó consumo de enerxía que xeran as redes de comunicación, tal e como explicou a Efeverde o director de reputación e responsabilidade corporativa de Telefónica, Alberto Andreu.

Andreu, que participou o mércores no Workshop Global de Enerxía organizado pola compañía de telecomunicacións, explicou que pór en marcha medidas que fagan máis eficientes as redes de telefonía implicará un menor gasto económico.

En caso de non aplicarse esas medidas de aforro, iso traduciríase nun aumento, desde os 900 millóns de euros actuais ata case os 1.800 en 2015, tendo en conta que o número de usuarios de Telefónica se prevé que medre en cinco anos.

A empresa está convencida de que a aplicación das tecnoloxías da comunicación e a información (TIC) nos sistemas de consumo enerxético permite un aforro financeiro interno e ofrece ademais a oportunidade dun novo modelo de negocio.

Neste sentido, Andreu mostrouse convencido de que a investigación en TIC lles achega a posibilidade de axudar a outras empresas a ser eficientes e apostaron por poñer no mercado produtos destinados ó aforro enerxético coa intención de xerar un novo modelo de negocio.

Torres de electricidade cargadas a base de enerxía solar, teléfonos móbiles con placas fotovoltaicas, software para poder facer reunións a distancia a un alto nivel ou o desenvolvemento da telepresenza son algúns dos produtos que xa están comercializando neste sentido.

Telefónica explicou as súas estratexias neste eido durante as xornadas de enerxía e cambio climático que celebra desde o mércores ó venres na súa sede central de Madrid. Os obxectivos globais que persegue son a redución de consumos enerxéticos nun 30% por acceso en redes e nun 10% por empregado en oficina de cara a 2015.

Gabriel Solomon, vicepresidente sénior de GSMA -a asociación internacional que representa os operadores móbiles- opinaba nos días previos ó encontro que "o acerto deste evento é abordar a eficiencia enerxética desde un punto de vista práctico. Por exemplo, a optimización das redes de telefonía móbil pode implicar unha redución do consumo de enerxía nun 44%. GSMA promove activamente as mellores prácticas sobre eficiencia enerxética e recoméndaas na industria, ás asociacións, ós analistas e ós clientes. O impacto de transformación destas iniciativas pode ser enorme xa que as solucións TIC poden reducir as emisións de CO2 do sector nun 20%".

Os máis de 200 asistentes ó evento puideron coñecer detalles dun programa que posibilita a retirada gratuíta de todos os equipos desmontados ou desfasados que hai en calquera dos países onde opera Ericsson; a estación renovable desenvolvida por Huawei para levar a telefonía móbil a zonas onde non existe subministración enerxética, ou a solución que consegue ata un 25% de aforro enerxético por liña DSL grazas á tecnoloxía exclusiva de estabilización Smart DSL de Alcatel-Lucent, informou Telefónica nun comunicado.

Telefónica informa sobre as iniciativas no eido do medio natural en www.rcysostenibilidad.telefonica.com

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS