Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Rede

EN MADRID

Tres empresas galegas optan a un premio Vivero de SIMO Network

02.09.2010 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EN REDE

Tres empresas galegas de recente creación, dúas da Coruña e unha de Santiago, presentaron a súa candidatura á V edición do Premio Vivero, organizado por Ifema e a fundación Fundetec no marco da Feira Internacional de Servizos e Solucións TIC para empresas, SIMO Network, co obxectivo de "ofrecerlles apoio e recoñecemento ás novas empresas españolas de base tecnolóxica que desenvolven unha actividade innovadora de calidade, con potencial de éxito no mercado", anunciou Fundetec, que non revelou o nome das firmas. Recibíronse 34 candidaturas, procedentes de 10 comunidades, e un xurado composto por profesionais e expertos no ámbito das TIC e da investigación "analizará todos os proxectos e seleccionará os gañadores, que estarán presentes en SIMO Network 2010, do 5 ó 7 de outubro en Ifema, dispoñendo así dunha plataforma de lanzamento para estas empresas e dun importante escaparate nacional e internacional para os seus produtos e servizos. Así mesmo, "Fundetec concederá un Premio Especial de 12.000 euros ó mellor proxecto da convocatoria, que será elixido polo mesmo xurado con base no grao de innovación, valor tecnolóxico e aplicabilidade e impacto no mercado do produto ou servizo presentado", indicou nun comunicado. Os nomes dos gañadores faranse públicos o venres 10 de setembro, e a entrega do Premio Especial será no SIMO.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS