Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Portada » Hemeroteca web

novidade

A cabaza "Xubi" convértese na mascota dos peregrinos

08.06.2010  O deseñador Alberte Permuy foi o creador deste boneco, que ten o apoio da Fundación Ad Sanctum Iacobum Peregrinatio

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN

Elisardo Temperán, á esquerda, con Agustín Dosil Maceira e Alberto Permuy, posando onte coa mascota ‘Xubi’ FOTO: Fernando Blanco
Elisardo Temperán, á esquerda, con Agustín Dosil Maceira e Alberto Permuy, posando onte coa mascota ‘Xubi’
FOTO: Fernando Blanco

O Pelegrín, nacido no Xacobeo de 1993, marcou toda unha época, no que a mascotas se refire, pero o seu tempo pasou e foi caendo no esquecemento.

Por iso agora acaba de nacer Xubi, a mascota ofi­cial da peregrinación a Santiago creada pola Fun­dación Ad Sanctum Iaco­bum Peregrinatio, que se presentou onte e cuxo obxec­tivo é perdurar no tempo ó longo dos anos.

A mascota, creada polo deseñador galego Al­berte Permuy e o seu estudio reflicte a integración dun bastón e unha cabaza en tons azuis e verdes. A fundación creada hai dous anos, está dedicada á atención e acollida de pe­regrinos, que na actuali­dade ten en marcha a construción de varios al­bergues co apoio da Xunta.

Así, parte dos fondos resultantes da difusión de Xubi irán destinados ó mantemento deste tipo de infraestruturas ofreci­das ós peregrinos. Os produtos de Xubi venderanse nos distintos esta­blecementos do Camiño de Santiago a partir da semana que vén e entre eles destacarán "contos, xogos, camisetas, gorras e cadernos de viaxe", como apuntou na presentación o deseñador Alberte Per­muy.

Xubi tamén terá a súa propia televisión en Inter­net (www.xubi.tv), na cal os peregrinos poderán percorrer virtualmente o Camiño de Santiago ata chegar á Catedral e que estará en funcionamento a próxima semana.

O bastón e a cabaza son os símbolos nos que se inspirou Permuy para esta creación, "dous dos elementos esenciais da antiga indumentaria dos peregrinos xacobeos" cos cales os camiñan­tes se "defendían e se axu­daban", segundo sinalou Permuy.

Así pois, Xubi nace con esas mesmas intencións, "axudar e colaborar con todos os viaxeiros a facer o Ca­mino", segundo afirmou o vin­cepresidente da Fundación Ad Sanctum Iacobum Peregrina­tio, quen aclarou que con esta mascota non pretenden com­petir co antigo Pelegrín, cuxa utili­zación se extin­guiu, "senón axudar na captación de recursos" para as ac­tividades realizadas por esta fundación.

Respecto diso, os promoto­res de Xubi resaltan a ne­cesidade dunha mascota para a peregrinación nestes tempos nos que "o simbolismo de con­cordia, inocencia e afec­tividade" é "máis necesario que nunca".

Desde a fundación creadora subliñan que esta mascota non está pensada para ser un boneco transitorio máis, senón que aspira a ser "embaixador da ruta peregrina en todo o mundo" e trascender este Ano Santo.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS