Hemeroteca web
|
RSS
Xoves 17.05.2012
| Actualizado 02.02
O concerto que os grupos composteláns Samesugas e The Homens ofrecerán hoxe na sala barcelonesa La (2) de Apolo sinala o inicio da extensión en Cataluña da Rede Galega de Música ao Vivo, a través da que 13 bandas actuarán en 9 locais cataláns. Xunto con Samesugas e The Homens, viaxarán este ano a Cataluña 6 PM, A Tuna Rastafari, Faltriqueira, Holywater, Jugoplastika, Lamatumbá, Moon Cresta, Nadadora, Niño y Pistola, Sugar Montain e The Blows, en virtude do acordo establecido entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Institut Catalá de les Indústries Culturais.
