Hemeroteca web
|
RSS
Xoves 17.05.2012
| Actualizado 02.02
![]() |
| The Homens veñen de sacar o seu terceiro disco, ‘Tres’ FOTO: Janite |
Son tres e presentan Tres, o seu primeiro disco logo de dous elepés. The Homens presenta ás 22.00 horas desta noite o seu novo traballo nunha festa que terá como escenario a sala Nasa e á que acoderá a meirande parte da escena da capital galega para saudar un disco que está a colleitar excelentes críticas.
O trío composto por Martin Wu, Roi e Xocas compartirá escenario con amigos como Fanny & Alexander, e prepara algunha sopresa da man da colaboración nalgúns temas dos integrantes de Projecto Mourente e dos Samesugas.
A banda presentará os once temas que compoñen o seu disco, aínda que fará concesións ós seus seguidores, interpertando temas anteriores e coñecidos como Desaparece ou Sandra Dee.
O bolo de presentación chega no momento máis doce dos seus tres anos de existencia, grazas a un traballo pulido pola man de Santi García nos estudos Ultramarinos Costa Brava, cuxa producción lle engadiu matices á proposta de power pop da banda.
Ademais, a discográfica Falcatruada editou o cedé e lanzou ó mercado unha edición limitada en vinilo.
As entradas para o concerto custan oito euros e poden mercarse no despacho de billetes ou a través da páxina web da sala www.salanasa.com.
