Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Portada » Hemeroteca web

á beira da auga

O foco da epidemia: descuberto

08.06.2011 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

GUSTAVO DUCH GUILLOT

A perca do Nilo, ás veces vendida como mero, chega desde o lago Vitoria, no centro de África. Brasil xa é o máximo exportador de polos; do mesmo xeito que Chile o é no negocio de criar, engordar e repartir salmóns polo mundo. Os cogombros de España viaxan a Holanda no inverno; no verán fan a ruta en sentido contario. Os espárragos de Navarra, soamente se envasan en Navarra unha vez aterran do Perú ou da China. O panga que dan para comer nas escolas viaxou desde Vietnam e o atún enlatado provén do Salvador ou róubaselles ós mares de Somalia.

Os polos para que engorden rápido non poden ver o sol, non saen das súas gaiolas. As galiñas poñedeiras para que poñan máis ovos padecen de exceso lumínico e apenas poden durmir. Os porcos están tan asardiñados que cando un esbirra todos se contaxian de gripe. Ás vacas vexetarianas -durante unha temporada tola- alimentáronas con restos de vaca. Agora investígase como engordar peixes carnívoros cunha dieta rica en soia. A soia tamén alimenta os coches (agrocombustibles) e cos seus desperdicios aínda se conseguen racións de penso para darlles ós porcos.

Se fose mentira pareceríanos esaxerado. Pero así é a alimentación do século XXI. Un rarísimo sistema contranatura en mans de moi poucas transnacionais, que gañan diñeiro a base de arruinaren a pequena agricultura tradicional, de emporcallaren e de contaminaren o planeta, e como vemos -susto tras susto- pondo en xaque a saúde da poboación consumidora. Vacas tolas, dioxinas, gripes, ecolis... Todas estas enfermidades gardan o mesmo patrón: patoloxías graves de orixe ben coñecida: a cobiza.

Esperemos que o brote de E.Coli free en breve, e que sirva para unha reflexión: o combate a estas enfermidades non pasa por mellorar os sistemas de control. Como di a miña amiga Marta Rivera, "a mellor garantía de seguridade alimentaria son políticas a favor da soberanía alimentaria". E que é a soberanía alimentaria? -preguntaranse. Pois explícao un dito africano que me permitín modificar lixeiramente: "Moita xente pequena, en moitos lugares pequenos, cultivarán pequenos hortos... que alimentarán o mundo"..

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS