Hemeroteca web
|
RSS
Xoves 17.05.2012
| Actualizado 02.02
![]() |
| The Homens, formado por Martin Wu, esquerda, Xocas e Roi Fernández FOTO: Janite |
"Na verdade está a trampa ¿É que queres seguir aquí, así?". Esta frase forma parte da letra dunha das primeiras cancións de The Homens, un dos fenómenos condenados a triunfar no panorama musical galego. A formación que compoñen Roi (baixo e voz), Martin Wu (guitarra e voz) e Xocas (batería), nacida a finais do 2004, sona xa con forza nos locais de moda, e tamén na web. Despois de autoeditarse os seus dous primeros traballos (#1, do 2005, e #2, no 2006), dar medio cento de concertos, o pasado 15 de outubro puxemos na rúa o noso primeiro disco longo, Tres, gravado nos Estudios Ultramarinos Costa Brava en Sant Feliu de Guìxols.
A chegada deste novo traballo, que inclúe once cancións que os integrantes de The Homens definen como "intensas, melódicas e furiosas", tamén vén acompañada por unha revolución en internet. Porque podemos descargar o seu long play na súa web www.thehomens.com, así como anteriores cancións, fotos, e letras, entre outras cousas.
Quizais para coñecer un pouco a súa filosofía e a súa música, son unha media de 10.000 visitantes os que se están a achegar cada día ó seu recuncho na rede. Resulta imposible entrar e non descargar a súa música, aínda que sendo conscientes de que podemos comprar o seu disco por só dez euros en www.trastenda.com, nas tendas de discos e nos seus concertos.
¿Onde está o límite? Desde Océano apostamos por un grupo que vai chegar moi arriba. Se falamos de internet, teriamos que confirmar un dato da semana pasada, para ver se é un Expediente X, ou se realmente, como indican as estatísticas, nun só día as visitas á web de The Homens se dispararon ata superar as 27.000. Se o validan, serían os reis galegos da rede.
