Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Portada » Hemeroteca web

concerto

O mellor do pop, na Ascensión

14.05.2010  Sidonie, Jonston, Niños Mutantes, Arizona Baby e os composteláns Dirty Socks actúan hoxe no Campus Sur

5.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ . SANTIAGO

O rapeiro americano Raekwon actuará hoxe en Compostela FOTO: AXENCIAS
O rapeiro americano Raekwon actuará hoxe en Compostela
FOTO: AXENCIAS

Sidonie, Niños Mutantes, Arizona Baby e Jonston, xunto ao grupo compostelán gañador da segunda edición do Certame MúsicaXove na categoría de pop, Dirty Socks como abreconcertos son os catro grupos do panorama pop español que actuarán hoxe no Campus Sur de Compostela dentro do programa de Pop na Ascensión. No Toural soará música da man de The New Covers Band e Daniel Spiller The Broken Record Project, a partir das 22:30 horas. Trátase dunha banda cosmopolita creada no ano 2007 no corazón de Londres, hoxe en día composta por cinco membros: Daniel Spiller (guitarra evoz), de nacionalidade inglesa; Mauro Pes (piano), de Sardeña (Italia); Marc Ros (batería e percusión), de Holanda; Hezron Chetty (violín), de Suráfrica e Daniel Mouriño (baixo e coros) de Boiro (Galicia).

O espectáculo Rock N"Micro terá lugar ás 18:00 horas no Teatro Principal, un rockdocumental en forma de viaxe pola historia dos estilos musicais do século XX. A entrada ao Teatro será de balde e poderase recoller no despacho de billtes unha hora e media antes de dar comezo a función. Tamén pola tarde dará comezo na Alameda o tradicional Campionato de chave, que chega a súa trixésimo cuarta edición. Pola noite, acturá a orquestra Galilea no Paseo Central da Alameda a partir das 22:00 horas.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS