Hemeroteca web
|
RSS
Xoves 17.05.2012
| Actualizado 02.02
![]() |
| Os galegos The Homen FOTO: Axencias |
Nueva Vulcano e The Homens sumarán forzas a fin de semana próxima nunha serie de concertos por Galicia. Os cataláns presentan o seu último disco, Los peces de colores, e os galegos fan o propio co seu Cuarta potencia, e estarán hoxe ás 22.30 horas na sala Moon de Santiago de Compostela e mañá ás 22.00 horas na Mardi Gras da Coruña.
Nueva Vulcano seguirán camiño o sábado actuando con The Fingers en La Iguana Club, en Vigo. O concerto de Santiago rematará cunha pinchada dos integrantes do grupo compostelán Dirty Socks. Nueva Vulcano son un fenómeno de culto para moitos. Agora presentan o seu terceiro disco, Los peces de colores (BCore, 2009), despois de Principal primera e do impresionante Juego entrópico, que os mantivo durante catro anos nos escenarios. Nesta ocasión, Artur Estrada canta máis alto e máis claro que nunca, e as súas incribles letras saen a relucir, apoiadas por esa guitarra sucia e a veces tímida, polo baixo monumental de Wences Aparicio e pola batería contundente de Albert Guàrdia. Pola súa parte, os composteláns The Homens presentan o seu cuarto traballo, Cuarta potencia, melodía a volume atronador, inocencia pop e nihilismo negro, un disco que mostra a banda preocupada polas melodías e polas letras e, á vez, máis ruidosa que nunca. Logo dos EPs #1 e #2 mais do disco de longa duración Tres, este traballo, producido de novo por Santi García, recolle unha ducia de cancións nas que The Homens envorcan todo o vivido e aprendido en catro anos de xira sen fin.
