Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Portada » Hemeroteca web

A nosa relación co presente

01.06.2010  Estela Lloves leva mañá e pasado á Nasa a peza "Flordeóso"

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ . SANTIAGO

Estela Lloves estreou esta peza no festival Isto Ferve, organizado por Teatro Ensalle, en Vigo
Estela Lloves estreou esta peza no festival Isto Ferve, organizado por Teatro Ensalle, en Vigo

"Como te encontras agora mesmo? Máis animal ou máis humano? Que é o mínimo que necesitas para escoller vivir?". Son algunhas das preguntas das que partiu Knochenblume, a peza que Estela Lloves e Cia. Arraiana presentan mañá e o xoves ás 21.30 horas na sala Nasa, no seo do ciclo ProceS.O.S., unha serie de obras escénicas que non están ou non se representan necesariamente como traballos acabados, senón que son proxectos en proceso de transformación.

Knochenblume, froito dunha residencia artística no Teatro Ensalle, en Vigo, foi estreada nesta cidade, no festival Isto Ferve. O título, que xunta varias palabras en alemán, significa Flordeóso. "Concíbese coma unha posíbel resposta a preguntas tales como : ¿Que é o que está a suceder ao meu arredor?, ¿como me relaciono con este arredor ou actualidade?, ¿significa vivir tranquilos, non estar activos micropolíticamente falando?, etc", explica Estela Lloves, que creou esta peza en colaboración con Ana Buitrago, Geni Iglesias e Ixiar Rozas. Antón Ferreiro e Thomas Toutain encargáronse da iluminación, e a música orixinal é de Hada Benedito.

Así, Lloves aborda nesta peza, segundo salienta en varias entrevistas ás que se pode acceder no seu blogue, - http://arraiana.wordpress.com/-, o xeito no que nos relacionamos co presente, desde o punto de vista persoal e desde o achegado polos medios -utilizou no proceso de creación recortes de xornais españois e alemáns-. Outro dos alicerces da obra son as terapias, como modos de facernos acougar, pero tamén se cadra de domesticarnos, desactivándonos para a micropolítica, a actuación desde o punto de vista colectivo, comunitario.

"En cada proxecto, sempre tento entender e liberarme, e ás veces entender non significa que as cousas sexan tal e como mas contan", sinala no dossier da peza.

Así, Knochenblume é "unha invitación para encarnar un tacto inaxeitado na mirada. Un convite para experimentar o froito dun instante, para acariñar o oco do cranio por dentro".

"A danza concíboa como un meio artístico plural. Trátase de aproveitar ese meio para dicir o que un quere do xeito que precisa. Se para isto temos que empregar a poesía, ou a tecnoloxía, ou a filosofía, ou as artes plásticas, literatura, etc... pois benvido sexa todo isto", subliña.

"Estamos nun momento no que a danza -como xa lles pasou no século pasado ás artes plásticas-, pasa do obxecto ao conceito, e isto fai que estxa comezando a saír do caixón de coreografía perfeita en técnica e fermosa posta en escena e nada máis. Estou a falar dunha onda dentro danza que se está a espallar por todo o mundo, pero que vai lento, quizais porque falar de conceitos nunca foi demasiado popular... Imos ver se podemos darlle a volta a isto nalgún momento...", engade.

DATOS

O CCG, "freado en seco"

Hai unhas poucas semanas a asociación Danesga, á que Lloves pertence, pediu a dimisión de Juan Carlos Fernández Fasero, director de Agadic. "Valoro a situación de abandono do Centro Coreográfico Galego como de total irresponsabilidade por parte do goberno. Esta demora na súa nova posta en funcionamento só fai que o pulo que a danza galega tomara nestes últimos anos de proxecto do centro coreográfico, free en seco, coa conseguinte caída se este abandono non remite.Tambén penso que ista demora leva a que outro tipo de organismos dependentes da Xunta se metan en labouras que só lle corresponderían ao Centro Coreográfico Galego, tales como facer encargos de pezas de danza á asociación de profesionais da danza galega (Danesga) cunha total falta de rigor e seriedade", salienta. Estela Lloves estudou danza, -segundo apunta a súa ficha no dossier de Isto Ferve-, con Carmen Werner, Elena Còrdoba, Olga Mesa, Andrés Corchero ou Min Tanaka, e teatro con Ana Vallés, Roger Colom ou Carlos Marquerie.

Traballou con compañías como Matarile Teatro, Cía Andrés Corchero ou Cía Mai Juku. Como creadora ten varias pezas. Na última edición de Isto Ferve presentou tamén Alicia en Grusia project, con Tania Arias.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS