Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Portada » Hemeroteca web

maré hoxe

Pervivencia da censura

13.04.2011  O Cristo realizado por Manuel Moldes xa foi retirado dunha exposición que se exhibía en Pontevedra hai 25 anos e parece que as cousas non cambiaron moito en Galicia: onte mesmo, un concelleiro do PP en Compostela –despois de que Conde Roa criticase a peza– esixiu a retirada do Cristo, incluído precisamente nunha mostra sobre casos de censura na arte.

5.0/5 [3 Voto/s]

1
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

C.D.

Inauguración da mostra ‘Casus belli’, coa polémica peza de Moldes pendurada dunha parede á dereita FOTO: AXENCIAS
Inauguración da mostra ‘Casus belli’, coa polémica peza de Moldes pendurada dunha parede á dereita
FOTO: AXENCIAS

Xa aludira a ela Conde Roa na presénta­ción da súa candidatura a alcalde, pero o concelleiro do Partido Popular (PP), Anxo Currás, convocou onte unha rolda de prensa para denunciar a exposición Casus Belli que acolle o Au­ditorio de Galicia, en Compostela, unha mostra que se centra, precisamente, nos casos de censura contra varias obras de arte. A presenza dun Cristo realizado por Manuel Mol­des, crucificado ao revés, e dun retrato de Pacheco que Currás cualificou de "pro­vocadores" e de "ferir a sensibilidade dos cren­tes" católicos, levaron o concelleiro a denunciar "a dobre moral do alcalde, que por unha banda celebra o oitavo centena­rio da Catedral e apoia a Semana Santa, e por outro tolera mostras coma esta, de moi escaso interese". Ademais, denunciou que nela se insulta tamén o ex presidente da Xunta Fernández Albor, xa que durante o seu mandato se re­tirou dunha mostra cele­brada en Pontevedra o cadro de Moldes.

A concelleira de Cultura, Socorro García, agradeceu "a publicidade gratuíta" para a exposición, e instou o concelleiro do PP para expli­car "que faría el coa mostra", se a censuraría novamente. En canto ós supos­tos insultos ó ex presi­dente, leu o texto que acompaña o cadro, no que se recolle que se retirou hai vinte e cinco anos "para non ferir a sensibilidade dos católicos, entre eles o presidente da Xunta", sen outra alusión.

Pola súa banda, o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, sinalou que non tivo tempo de ver a exposición, "pero dáme a sensación de que Currás demostra coñecer pouco os artistas, e fáltalle un pouco de tole­rancia e un moito de sen­tido do humor".

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS