Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Portada » Hemeroteca web

debate

O "revisionismo" da teoría

14.03.2011  Carlos Vázquez Padín apoia a proposta de Henrique Monteagudo sobre o "bilingüismo restitutivo"

4.1/5 [10 Voto/s]

1
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ . SANTIAGO

Vázquez Padín é o secretario xeral de Converxencia XXI FOTO: MAURO SMYTH
Vázquez Padín é o secretario xeral de Converxencia XXI
FOTO: MAURO SMYTH

"Monteagudo propón no seu informe o "bilingüismo restitutivo" como vía para fomentar o galego. O fracaso do bipartito obriga a un revisionismo teórico a quen teña a flexibilidade e a intelixencia necesarias para reflexionar sobre a realidade e fuxir da pegañenta lama do dogmatismo do BNG". Son palabras de Carlos Vázquez Padín, recollidas no seu libro Galeguismo e Liberdade. Propostas para o século XXI, que acaba de editar 2.0. O secretario xeral de Converxencia XXI apoia, así, no seu ensaio, Un proxecto de futuro para o idioma galego: unha reflexión estratéxica, un texto de Henrique Monteagudo que levantou unha intensa polémica, en especial con Pilar García Negro.

"É imprescindible a elaboración dun marco teórico de promoción do idioma galego que parta da seguinte diagnose: en primeiro lugar, que a sociedade galega é bilingüe (cunha presenza moi grande do bilingüismo diglósico); en segundo lugar, que a sociedade galega non ten nin a máis mínima intención de renunciar ao castelán; en terceiro lugar, que a clave pasa por incidir na suma de competencias idiomáticas, e non de resta, e en cuarto lugar, que cómpre persuadir á sociedade de que paga a pena potenciar a nosa lingua propia, algo do que hoxe non está maioritariamente convencida", explica Vázquez no seu libro.

"Alén diso, dous son os elementos do discurso tradicional no nacionalismo de esquerdas que, actualizados, deben ser conservados polo galeguismo do século XXI. Unha práctica social monolingüe en galego, exercida como libre escolla e non como unha obriga, é indispensable se pretendemos que na nosa sociedade se poida chegar a usar con normalidade o galego en calquera ámbito. O segundo elemento refírese á necesidade de ter presente a irrefutable realidade histórica da imposición antidemocrática do castelán en Galicia, unha realidade que non obstante xamais debe ser utilizada para xustificar o proceso inverso", engade o autor. Co gallo da reflexión sobre a negativa de Mariano Rajoy a falar galego e sobre a súa ignorancia confesa respecto do inglés, comenta que "o centralismo non só rexeita as linguas cooficiais diferentes do castelán, senón que, aínda que dun xeito máis disimulado, foxe daquelas linguas que más poden facilitar a comunicación a nivel internacional e que, no fondo, consideran rivais do castelán".

En relación co anterior, indica que "o galego cosmopolita fala galego e castelán, e é consciente da necesidade de saber inglés para relacionarse no mundo do século XXI, o galego cosmopaleto cre que Sanjenjo "mola" más que Sanxenxo e cre ademais que coa lingua cervantina podería facer negocios facilmente en Frankfurt, Toquio, Hong-Kong ou Nova York".

Vázquez Padín sitúa no seu libro como exemplos de cosmopaletos a líderes do PSOE e o PP. "Asistimos a unha escenificación de cosmopaletismo cando José Blanco chega a Palas de Rei, onde sempre falou galego, e quere demostrar o seu progreso social e a súa superioridade dando un mitin en castelán", escribe.

Máis adiante engade que "o noso presidente, Núñez Feijóo, é un bo exemplo de cosmopaletismo. Só un cosmopaleto encargaría a defensa e promoción da nosa cultura a alguén que, como o conselleiro Roberto Varela, non cre nela; nas entrevistas que lle fan fóra, evita falar de Galicia, agás para facer gala das súas políticas de limitación da lingua".

DATOS

A liberdade como "valor supremo"

O autor reivindica un galeguismo liberal, coa "liberdade individual como valor supremo", e asegura que foi o "longo período ditatorial o que en Galicia acaba provocando que un galeguismo de amplo espectro e próximo ao centro, como o da Segunda República, se converta nun galeguismo de inspiración marxista situado nun extremo do mapa político, deixando todo o espazo central para formacións de ámbito estatal". Máis adiante escribe que "que país pode ser viable cando a única organización que reivindica o seu dereito a existir" -o BNG- "é colocada polos cidadáns no 2,8 dunha escala de 0 a 10, onde 0 é o extremo esquerdo e o 10 o extremo dereito". E di que podería definirse como nacionalista se iso significa defender o dereito dun pobo a "manifestar a súa libre vontade de se agrupar, autoorganizar e decidir democraticamente cal é o marco xurídico do que se quere dotar, incluíndo a decisión de compartir ou non a súa soberanía".

DATOS

Limiar de Miguel Anxo Bastos 

O profesor Miguel Anxo Bastos é o autor do limiar do libro, no que indica que a obra é unha das poucas "que se escribiron nos últimos anos co propósito de renovar os postulados do galeguismo". E define a perspectiva "liberal" de Padín como unha opción que "pula pola defensa dos valores de seu" de Galicia.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS