Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Portada » Hemeroteca web

MARÉ HOXE

Rock xitano na Ascensión

12.05.2010  As festas da Ascensión arrincan hoxe cun programa composto por máis de 50 actuacións musicais, ademais de charangas e pasacalles, actividades tradicionais, teatro, deporte e novas prácticas urbanas vinculadas ao skate. A gran troula vivirase pola noite no Campus Sur co concerto de Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN

A banda compostelá Dirty Socks actuará xunto a Jonston, Arizona Baby e Niños Mutantes o venres dentro de Pop na Ascensión FOTO: AXENCIAS
A banda compostelá Dirty Socks actuará xunto a Jonston, Arizona Baby e Niños Mutantes o venres dentro de Pop na Ascensión
FOTO: AXENCIAS

As festas da Ascensión comezarán hoxe co tradicional disparo das bombas para anunciar o comezo das festas desde a igrexa de Santa Susana, ás 12.00 horas. A partir do mediodía, varios grupos de gaiteiros realizarán os seus pasacalles, acompañados pola comparsa de cabezudos. Pola noite, ás 21.00 horas no Toural, a música chegará da man S.E.M. Big Band. Esta formación de longa traxectoria, dirixida por Suso Atanes, foi creada en 1996 como parte das actividades da "Estudio, Escola de Música". Conta con colaboradores de renome, como o pianista compostelán Abe Rábade. Deseguido, ás 23.00 horas actuará a orquestra París no Paseo Central da Alameda.

Á mesma hora, o Campus Sur reu- nirá toda a xuventude nun concerto gratuíto co grupo Emir Kusturica The No Smoking Orchestra (TNSO), unha banda de fama internacional de rock xitano creada en Saraxevo en 1980 por Nelle Karajlic e hoxe liderada polo cineasta Emir Kusturica. Con influencias da música árabe, hindú, rusa, grega e italiana crean un estilo musical propio reforzado con tecno rock.

As Festas da Ascensión deste ano inclúen dous festivais de música gratuítos no Campus Sur. O primeiro deles chegará mañá, día 13, a partir das 22.00 horas, co Santiago 40 Pop no que actuarán Giorgina, Sinestesia e Efecto mariposa. Para o venres, a Concellaría de Festas organiza o festival Pop na Ascensión. Estes concertos empezarán ás 22.00 cos grupos Dirty Socks, Jonston, Arizona Baby, Niños Mutantes e pechará a noite Sidonie.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS