Canal Ocio
Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 27.08.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 2 de 21]noticia anterior de Gente y comunicación Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

polémica

O borrón 'galego' do escribano

O filósofo George Steiner colleita o rexeitamento do mundo da cultura galego cunhas declaracións minusvalorizadoras do idioma e a literatura do país

2.9/5 [14 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN • SANTIAGO

Don Felipe entrega o Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades 2001 a George Steiner FOTO: Alberto Morante (efe)
Don Felipe entrega o Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades 2001 a George Steiner
FOTO: Alberto Morante (efe)

"Me han dicho que hay una universidad en España en la que es obligatorio hablar en gallego". "¡Pero no me compare el catalán con el gallego! El catalán es un idioma importante, con una literatura impresionante. Pero el gallego, ¿por qué ha de ser obligatorio en una universidad?".

O escritor e crítico literario George Steiner (París, 1929), investigador pioneiro no estudo da literatura comparada, experto no estudo da cultura europea e un dos intelectuais máis influentes na actualidade, respondeu deste xeito a un xornalista nunha entrevista publicada a fin de semana nun xornal madrileño.

O periodista continuou a conversa cun "porque dicen que es una parte esencial de su identidad", ao que o escritor retrucou cun non menos significativo "pero eso significa que vamos a seguir dividiéndonos en pequeños grupos regionales, y eso despierta el odio étnico" (...).

As declaracións de Steiner están a causar máis que perplexidade. As primeiras reaccións chegaron de contado. Un columnista dun xornal galego, José Manuel Ponte, cualificou de "tonterías" as opinións expresadas por este intelectual sobre a nosa lingua. "Ás veces, a xente intelixente tamén di parvadas", afirmou.

Steiner publicou un ensaio no que conecta o sexo coa linguaxe, propoñendo unha sorte de defensa dos idiomas minoritarios. Nunha das súas obras máis coñecidas, Despois de Babel, valora a diversidade lingüística mundial como unha riqueza. "O desprezo que amosa é impropio dun intelectual coma el, preocupado polas minorías. Un desprezo sectario cara a algo que descoñece: non só non é obrigatorio falar galego en ningunha universidade galega, senón que, segundo os datos das universidades galegas, na da Coruña impártense en galego o 8-9% das aulas; na de Vigo, o 16%; e na de Santiago, o 20%", subliñou o presidente da Mesa, Carlos Callón.

Outras fontes consultadas por Galicia Hoxe resaltaron, como Carlos Callón, o profundo descoñecemento sobre a realidade lingüística e literaria de Galiza demostrado por Steiner. "Máis que ignorante, é un necio. Ignorante é quen non ten información sobre algo, e necio aquel que se atreve a opinar, dun modo errado, insolente e absurdo, sobre aquelo que descoñece, e que debería coñecer", asegurou o filósofo Francisco Sampedro.

O filólogo e militante histórico do BNG Francisco Rodríguez; o historiador e presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e o escritor Xabier Cordal coincidiron en sinalar que non hai que concederlle demasiada importancia ao dito por Steiner. "É un home simpático, heterodoxo, pero non deixa de ser un filósofo institucionalizado", explicou Rodríguez. "Sería grave se o dixese unha institución internacional de trinta catedráticos...", afirmou Cordal. "O que di é froito da ignorancia. Non hai escribano que non teña un borrón", reflexiona Villares.

O escritor Xosé Luis Méndez Ferrín e a crítica literaria Dolores Vilavedra apuntaron á responsabilidade do xornalista. "Steiner fala de oídas, a partir de algo que lle contan. É sorprendente o seu descoñecemento da longa tradición da literatura galega. Pero eu tamén creo que o entrevistador se equivocou ao reproducir iso, pois era algo marxinal para o tema", cre Vilavedra. "Na entrevista hai dous autores, un é Juan Cruz e outro George Steiner. O marco é o grupo Prisa, e o telón de fondo o Manifiesto por la lengua común", engadiu Ferrín.

MANUEL RIVAS

"Informárono de mala fe"

Manuel Rivas asegura que lle escribirá unha carta a Steiner e iso é o que espera que fagan a RAG -onte foi imposible localizar o seu presidente-, o CCG, Ánxela Bugallo e Touriño.

Nunhas declaracións nas que non esqueceu o humor -''como escribe de erotismo, tal vez tivo unha historia de frustración con algunha galega"-, cre que os de- safortunados xuízos se deben "a un problema de mala información ou información recibida de mala fe... Vai saber ti con quen bateu, pero sospeito que ten que ver cos da lingua común, un eufemismo da lingua única". O que máis lle sorprende é que Steiner -''moi sensible á pluralidade lingüística"- cometa "o erro de xogar á xerarquía, como cando Borges dicía que en África non había cultura" .

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS