Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 20.09.2019 Actualizado 20:16
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

Portada

Actividades lúdicas nos espazos comerciais para fomentar o uso do galego

A Fundación Sotelo Blanco e a Secretaría Xeral de Política Lingüística abriron onte en Área Central as actividades de fomento da lectura ‘Tardes con Uxía e os Pillabáns’ que se desenvolverán todas as fins de semana até o 15 de decembro. Medio cento de rapaces xa gozaron onte de contacontos, obradoiros de debuxo e animacións

. MARÉ  | 07.10.2007 
A- A+

Os rapaces gozaron do comezo da campaña de lectura ‘Tardes con Uxía e os Pillabáns’ onte en Área Central

Área Central acolleu onte a apertura das actividades de fomento da lectura "Tardes con Uxía e os Pillabáns" ás que asistiron medio cento de rapaces. A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, asistiu onte ao inicio das xornadas que terán lugar todas as fins de semanas até o 15 de decembro.

Deste xeito, os centros comerciais convértense no espazo elixido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para desenvolver en outono novas propostas didácticas e lúdicas para fomentar o uso do galego. O programa de actividades está pensado para aproveitar o tempo de lecer e paseo das familias polas áreas comerciais. Nenos de entre 4 a 8 anos participaron onte xa neste proxecto didáctico desenvolvido pola Fundación Sotelo Blanco coa colaboración de Política Lingüística, no que se pretende fomentar a lectura infantil, con contacontos, animacións ou obradoiros de debuxo.

Ademais, Política Lingüística puxo en marcha o 15 de setembro un expositor itinerante que percorre os centros comerciais de toda Galicia. A acción forma parte da campaña "En galego tes todo por dicir, E logo!" para promover o uso do idioma. Esta fin de semana o expositor está instalado no centro comercial Cuatro Caminos da Coruña.

A principal proposta desta instalación é animar as familias a xogar coas palabras, con distintas actividades lúdicas destinadas a coñecer o amplo e rico vocabulario da nosa lingua. As próximas citas serán o 19 e 20 de outubro no centro comercial Gran Vía de Vigo e, o 26 e 27, no Pontevella de Ourense.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS