Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 14.11.2019 Actualizado 14:45
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

Badías na Mariña

A existencia dunha importante comunidade caboverdiana en Galicia dende os anos 60 en zonas como O Bierzo e Burela chamou a atención da antropóloga Luzía Oca que onte inaugurou no Museo do Pobo Galego unha exposición de fotos coas que busca unha forma de atopar entendemento aos problemas e retos de convivencia

. REDACCIÓN  | 14.11.2007 
A- A+

Luzía Oca
Unha imaxe de Luzia Oca dun casamento de dous caboverdianos na Mariña luguesa onde se asentou unha importante comunidade desta cultura africana
FOTO: Luzía Oca

O Museo do Pobo Galego (MPG) inaugurou onte en Compostela a exposición "Badías, cabo-verdianas na Mariña", froito dun traballo de campo realizado pola antropóloga Luzia Oca dende o ano 2000 durante diversas viaxes na Ilha de Santiago e na Mariña luguesa.

A mostra, que permanecerá no MPG até o 30 de decembro, representa, ao ver da autora, dous mundos como un espello, Cabo Verde e Galicia a través das olladas das mulleres badías, emigrantes no país. A través das súas instantáneas, Oca busca unha forma de atopar entendemento aos problemas, beneficios e retos da convivencia entre as persoas de diferentes culturas.

O Bierzo e Burela sitúanse entre as comunidades de caboverdianos máis antigas dende que se produciu o éxodo do arquipélago, nos anos 60, a través de Portugal. En Burela, a comunidade caboverdiana traballa no mar como man de obra en substitución dos traballadores da zona. Hoxe en día, son 350 persoas, procedentes das zonas rurais da Ilha de Santiago e unidas por vínculos de parentesco e veciñanza. As relacións coa sociedade receptora distan moito da completa integración pois a súa vida social adoita estar fechada no grupo, de xeito que se conservaron hábitos da identidade badía. A exposición "Badías" insírese no contexto do foro "Inmigración, Cidadanía e Identidade", que o Museo do Pobo Galego pon en marcha na súa páxina web ao longo de novembro. As actividades, inscritas nos actos do 30 aniversario do Museo do Pobo Galego, contan co patrocinio do Parlamento galego.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS