Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 26.03.2019 Actualizado 12:29
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Portada  |   RSS - Portada RSS

recoñecemento

Alfredo Conde gaña o Civilta delle Minorance pola súa obra

O escritor, exultante ao facerse coa primeira edición dun galardón internacional ·· "Estou afeito a que me chamen máis de fóra que da miña propia casa"

REDACCIÓN • SANTIAGO   | 05.09.2008 
A- A+

O Premio Civilta delle Minorance (a civilización das minorías), que recoñece o conxunto dunha obra literaria, foi na súa primeira edición para o escritor e colaborador habitual do Grupo Correo Gallego Alfredo Conde, que ve recoñecida en Italia o seu labor. Xa no 1990, a súa novela Xa vai o grifón no vento recibiu o Premio Cavour, convocado pola Fundación Grinza Cavour, a mesa que creou agora o galardón de apoio ás minorías xunto da Fundación Cassa de Risparmio e la Regione Piamonte. A entrega será o 22 e 23 de novembro en Ostana.

Conde estaba exultante polo feito de que pensaran nel "para a primeira edición dun premio con carácter internacional". Pero a súa satisfación non é só individual, "tamén é unha honra que elixan, no colectivo, un galego que escribe en galego".

"Satisfación, orgullo e sorpresa". Esas eran as palabras que mellor definían o seu estado no momento de recibir e que se mesturaban, ao mesmo tempo, cunha certa sensación dejá vu. "En Italia", asegura, "dou máis conferencias non só que en Galicia, senón que en toda España. Pero iso é algo ao que estou afeito: Afeito a que me chamen máis de fóra que da miña propia casa". O que máis lle choca é que en Galicia "teño só tres distincións e fóra, por escribir na lingua do meu país e facer literatura no meu país, o recoñecemento é maior. Amén de chocante, pode ser frustrante porque, ao cabo, quérome enterrar aquí, cerca da miña xente".

PERSPECTIVAS

"Quitaron a miña obra das librerías"

Máis que un estímulo para escribir, os premios teñen para Conde outra función: "satisfacer a nosa vaidade", xa que os escritores "non medimos por quilo ou nin euros a calidade da nosa produción, senón na valoración da xente".

Onte mesmo o escritor estivo revisando a reforma da súa páxina web e quedou asombrado das numerosas edicións que ten ás costas.

"¡E pensar que en Galicia o meu editor quitou os meus libros das librerías...! .

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS