Galicia Hoxe
El Correo Gallego
Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Xoves 26.03.2009
Portada
 
atrás Comparte en Yahoo a nova A Rede de Observación Ambiental de Galicia avaliará os efectos da acción humana e do cambio climático sobre os ecosistemas Comparte en Del.icio.us a nova A Rede de Observación Ambiental de Galicia avaliará os efectos da acción humana e do cambio climático sobre os ecosistemas Comparte en Menéame a nova A Rede de Observación Ambiental de Galicia avaliará os efectos da acción humana e do cambio climático sobre os ecosistemas imprimir recomendar Aumentar texto Diminuír texto

CONTARÁ CON 173 PUNTOS DE MOSTRAXE E É PIONEIRA EN ESPAÑA

A Rede de Observación Ambiental de Galicia avaliará os efectos da acción humana e do cambio climático sobre os ecosistemas

21.04.2008

A nova rede, posta en marcha pola Consellería de Medio Ambiente,  formará parte do sistema europeo de observación (LTER), integrado por redes de observación como a galega, a través das que se obterán datos que permitirán a adopción de decisións axeitadas no eido medioambiental e de xestión sostible dos recursos naturais

Un total de 12 investigadores e 18 técnicos traballarán inicialmente na rede galega, que prevé recoller 4.400 mostras anuais nos ecosistemas terrestres, acuáticos e litorais, e analizar 60 variables ambientais

A Consellería de Medio Ambiente investirá 1,2 millóns de euros ao ano no  funcionamento da rede, que contará con 24 puntos de observación principais e 149 secundarios

Santiago, 21 de abril de 2008.-  Galicia contará cunha rede de observación ambiental, pioneira en España, que permitirá obter ata 4.400 mostras anuais sobre a evolución dos principais ecosistemas: terrestres, acuáticos e litorais e, en particular, sobre a súa influencia do cambio climático na nosa comunidade.

A denominada Rede de Observación Ambiental de Galicia (Roaga), foi presentada esta mañá polo conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, e o director xeral de Desenvolvemento Sostible, Emilio Fernández, quen adiantaron que a novo sistema formará parte dunha rede europea, a LTER, a través da que se obterá información de grande valor científico, económico e social, que permitirá adoptar axeitadas decisións, baseadas no coñecemento, en materia medioambiental, así como na xestión sostible dos recursos naturais, entre outros obxectivos.

A creación da Rede de Observación Ambiental de Galicia obedece a necesidade de contar con ferramentas científicas que permitan incrementar o coñecemento sobre a dinámica dos ecosistemas e a interacción dos mesmos coa actividade humana. Coñecer a evolución destas variables permitirá controlar a transformación futura dos ecosistemas e previr as súas consecuencias destes cambios.



Así, a Roaga nace con 4 obxectivos principais:

Realizar un seguimento  a longo prazo dos principais ecosistemas galegos, identificando os patróns cíclicos ou as tendencias direccionais.

Estudar as perturbacións de orixe natural ou humana que producen alteracións nos ecosistemas, así como a súa resposta.

Proporcionar unha infraestrutura que facilite á comunidade científica amplas series temporais dos datos ambientais, que sirvan para ao modelado de procesos ecolóxicos se o desenvolvemento de investigacións dos ecosistemas galegos.

Xerar a información e as ferramentas necesarias para unha xestión dos ecosistemas baseada no coñecemento científico.


A Rede de Observación Ambiental de Galicia  estará integrada por 174 puntos de mostraxe dos ecosistemas terrestres, acuáticos continentais e litorais; dos que se obterán un total de 4.400 mostras ao ano, nos que se medirán 60 variables ambientais monitorizadas (meterolóxicas, hidromorfolóxicas, químicas e biolóxicas, entre outras). Estas mostras serán recollidas e analizadas por equipo integrado por 30 persoas: 12 investigadores e 18 técnicos.


Funcionamento
O Roaga estará integrada por unha rede principal, formada por 24 puntos de mostraxe principais e 149 secundarios. Os primeiros estarán suxeitos a unha maior intensidade, tanto no número de variables medidas como na frecuencia temporal na recollida de mostras; mentres que os secundarios permitirán coñecer a variabilidade espacial dos cambios, que a longo prazo, se producen nos ecosistemas terrestres e mariños.

No que respecta á estrutura, os puntos de mostraxe terrestres representarán a parte máis importante en canto a número: 8 principais e 100 secundarios, todos eles de nova creación. Nesta rede mediranse variables metereolóxicas,  caudais e química das augas, características fisicoquímicas do chan, a vexetación, e sobre a presenza de especies invasoras, da diversidade das aves, anfibios e invertebrados, entre outras.

Pola súa banda, para o estudo dos ecosistemas acuáticos continentais  haberá 5 puntos de mostraxe principais e 24 secundarios; e para os litorais a rede contará con 11 principais e 25 secundarios. As variables monitorizadas nestes puntos de mostraxe permitirán analizar aspectos referidos á metereoloxía, as propiedades fisicoquímicas  da auga, ao plancto, á vexetación ou as características hidromorfolóxicas e hidrodinámicas dos ecosistemas acuáticos.

A Consellería de Medio Ambiente prevé que o funcionamento da Rede de Observación Ambiental de Galicia supoña un investimento anual de 1,2 millóns de euros.

 
atrás Comparte en Yahoo a nova A Rede de Observación Ambiental de Galicia avaliará os efectos da acción humana e do cambio climático sobre os ecosistemas Comparte en Del.icio.us a nova A Rede de Observación Ambiental de Galicia avaliará os efectos da acción humana e do cambio climático sobre os ecosistemas Comparte en Menéame a nova A Rede de Observación Ambiental de Galicia avaliará os efectos da acción humana e do cambio climático sobre os ecosistemas imprimir recomendar Aumentar texto Diminuír texto
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade