VALENTIM FAGIM, PRESIDENTE DA ASSOCIAÇOM GALEGA DA LÍNGUA
"Os prexuízos non se superan dando matemáticas en castelán"
21.03.2010
Unha entrevista. Dúas normativas. O presidente dos ‘reintegratas’ recomenda preguntarse: “Que é o que queremos facer, falar só con nós mesmo ou lograr comunicarnos con alguén máis. Se a opción é a primeira, a normativa oficial serve, se non, hai que plantexarse algo máis”. Este filólogo, que arremete contra o decreto da Xunta, asegura que o galego “continua infra-utilizando-se. No fundo, o que se trata é de tornar inútil a língua em que se desenvolve esta entrevista. O passo seguinte, a demagogia do liberalismo de mercado”. Se cadra, xa chegou
TEXTOS: MARGA TOJO. FOTOS: G.H.
Valentim Fagim, cociñando lingua, retratado por Luz Castro
Visten camisolas co rostro de Carvalho Calero. Beben chá, non toman té. Sobre as súas mesiñas de noite repousa a Guia do Mochileiro das Galáxias, sempre a man. Fan greve, e broches, e minetes, dan beijos, comen presunto, teñen namorados, e namoradas, e cianças, e no inverno póñenlles cachecol. Algúns levan zapatos de saltos. Outros zapatos planos. Nasalizan sen necesidade de drogas. Aínda que ás veces pola presión social "dansé á bebida". O humor é o seu hábitat natural, ponte entre a retranca e a tropicalia. Reintegratas famosos son Sechu Senlle ou Quico Cadaval, "un galego internacional". A Norma do Mundo é Nossa (com reintegrata não há quem possa) foi o seu último lema no Día da Toalha. Cada vinte e cinco de maio anímannos a sair do armario. "Mais por desgraza aínda estamos dentro". É a opinión de Valentim Fagim (Vigo, 1971), presidente da Associaçom Galega da Língua (AGAL), para quen "tanto no imaxinario das pesoas como nas súas prácticas, o galego aínda non é unha lingua". O (segundo) máis alto dos lusistas do país iguala a súa natural tenrura á paixón por botar a lingua fóra das fronteiras territoriais e xuntar as bocas da lusofonía.
Que lle parece que esta entrevista vaia ser transcrita en galego normativo?
Normal, é a vosa liña editorial.
Por que, segundo vostede, deberiamos reintegrarnos? non son xa as cousas abondo complicadas?
Precisamente por iso. Hai certo consenso en que existe unha comunidade lingüística chamada galego-portugués que ten tres variedades, a galega, a portuguesa e a brasileira. Tendo en conta que desas hai dúas que tiveron éxito, pois a nosa lingua en Portugal e no Brasil é a lingua de todas as clases sociais, a lingua que se usa para todo, o máis lóxico é espellarse nela e non irmos por libre.
Mais os portugueses adoitan ignorarnos lingüisticamente.
Depende.
Iso si que é galego.
Iso si.
Podería contarlle unha anécdota. Nunha estadía en Lisboa, amosei a un profesor de portugués da Namibia –un mozo bastante novo, que facía nun curso na Universidade Nova, e que non me cría cando lle falaba da existencia do galego e da coincidencia lingüística– a Historia da lingua portuguesa de Ivo Castro, naquela altura o manual máis punteiro, onde especifica as tres variantes do portugués das que vostede fala e como a lingua nacera en territorio galego, etc. e o home non acreditaba. "Mas isso é uma descoberta, haveria que dar aulas sobre isso! Você tem de vir a Namíbia a contá-lo!" E xa ao final bromeaba: "Tou a falar galego".
Acho que con Portugal temos que facer un traballo de diálogo, sentar a falar con eles. Por exemplo, a Academia Galega da Língua Portuguesa é o que está a facer e iso dá froitos. A Universidade Aberta, que é como a Uned en Portugal, vai instalar dúas sedes na Galiza e a lingua vai ser a portuguesa. Hai que rozarse, hai que falar, mimarse, explicar.
Iso soa ben.
Daquela, os historiadores da lingua en Galiza son pouco cariñosos?
O novo consello de Agal
O que acontece é que nos anos 70-80 houbo dúas estratexias, unha é a que defendemos nós, a chamada reintegracionista e outra é a que defendía que o galego tiña que ir por libre, e foi a que triunfou. Porén, un dato histórico moi pouco coñecido é que no ano 1980 había unha normativa oficial, elaborada por unha comisión presidida por Carvalho Calero –fanse agora cen anos do seu nacemento– e que era moi parecida á actual, mais cunha diferenza importantísima: xa no prólogo especificaba que tiñamos que escribir así por motivos circunstanciais, mais habia que ir avanzando na confluencia co portugués. Esa normativa foi eliminada no ano 1983 e foi colocada outra no seu lugar, que dicía o contrario, en coincidencia cunha maioría absoluta do Partido Popular.
Non obstante, quen fala agora algo do portugués é precisamente o Partido Popular. Son os do PP reintegratas?
Non. É un discurso moi vello e nunca conseguido. Fraga tamén ten falado de Portugal, pero hai que pasar da teoría á práctica. Non é unha cuestión filolóxica, é política. É moi importante dicir isto, porque haberá filólogos que defendan unha ou otra opción e con argumentos máis ou menos sensatos mais é unha cuestión política e cultural.
Claro que a fidelidade filoloxica inclinaría a balanza cara á lusofonía, polo menos en certos aspectos como nh ou lh.
A quen lle vai preguntar!. Sería así, mais é máis complicado do que iso.
Desenvolva esa complexidade.
Se nós falamos portugués isto coloca o conflito lingüístico non en chave española, mais en chave internacional. Vou por un exemplo, que nunca vai acontecer na galiza, mais que se pasou no Quebeque, unha parte do Canadá onde falan francés. Anos 60, o presidente francés De Gaulle chega e berra, Vive le Québec libre! (Viva o Quebec libre), o que causou un grande impacto a nivel internacional. Evidentemente, nunca van vir a Galiza nin Sócrates nin Lula a berrar Viva galiza libre, mais a confluencia co portugués coloca a lingua nun nivel mundial, iso con certeza.
Non vai vir Lula, pero a última vez que estivo aquí Caetano Veloso si que dixo que ía falar portugués porque eramos a mesma lingua.
Por fortuna cada vez está a haber máis achegamento cultural entre o Brasil e a Galiza. O gaiteiro Carlos Nuñez edita un cd no Brasil, por exemplo. Uxía Senlle organiza Cantos na Maré. E é verdade que cada vez que vén un brasileiro temos que lle explicar como é o tema da lingua, mais chegará un día que iso non suceda. Para iso ten que acontecer algo dentro.
Que ten que pasar?
A imaxe que damos é confusa. Hai mes e medio estivo en Vigo a RTP (Rádio e Televisão de Portugal) para facer unha serie de entrevistas pola rúa. Eran os saldos en Portugal e querían animar a que foran de saldos alí. Todas as persoas que entrevistaron falaban en castelán. Aquela entrevista podía ter sido em Murcia e ninguén se daría conta.
Cada vez pasa menos, pero ás veces un vai a Portugal e lle responden en castelán.
O profesor Fagim impartindo un obradoiro
Cando unha lingua non ten Estado non se vé. Saben que existe a Galiza mais non saben que ten un idioma. Eles queren ser amábeis e se soubesen que nós falamos unha forma de portugués era moito máis simple, mais non saben. Vou contar unha historia real.
Conte, conte.
Está un brasileiro e chega un galego e comezan a falar.
Vai contar un chiste –unha piada, que diría vostede–?
Non, aínda que pode resultar gracioso. O galego fala no seu galego e o brasileiro fala no seu e enténdense perfectamente. Acaban de falar, despídense e o brasileiro dime "ten unha lingua moi parecida á miña". Entendéronse ben mais establece a fronteira de non seren a mesma lingua. Foi educado para iso. Despois chega un portugués e teñen dificultades para se entenderen. Acaban a conversa e o brasileiro dime: "ten un portugués tan fechado que teño dificultades para entendelo ben". É fascinante.
Pero por que adoptaron vostedes unha grafía ten estraña?
A que se refere?
Desde logo non a lh, nin a nh, nin a moitas outras cuestións. Falo dese -çom, que a moitos lles soa tan artificial.
Basicamente, a ortografía do portugués é a nosa ortografía medieval, e hoxe en día estamos tan sociabilizados na ortografía do castelán que calquera outra opción nos parece inviábel. Com quen queremos comunicar? só con nós mesmos ou co resto das variedades? Esa é a grande pregunta. Se só queremos falar con nós mesmos, o galego oficial é perfecto, e usar nh e lh é complicar, porque a xente pode apañar o galego e colocarlle a ortografía do castelán e pronto, é o máis sensato. Mais se aspiramos a comunicar algo diferente, se aspiramos a falar con catrocentos millóns de persoas, como dicía o presidente Feijóo, daquela debemos mudar algunhas cousas.
Xa, mas, escribindo ‘opçom’, conseguiremos comunicar con alguén?
A norma Agal naceu para ser unha ponte entre as falas galegas e a escrita do portugués, no convencimento de que os galegos sentirían como máis próxima esta ortografía tendo em conta a pronuncia.
E non era mellor escribir directamente -ção aínda que leamos çom ou zom ou ción? Ao final, a escrita non deixa de ser unha convención, non é o mesmo que a fala.
O tema é chegar a iso. Mais, mesmo que uses o galego oficial é importante ver o portugués como un reforzo. O Narcis Serra, presidente de Caixa Catalunya afirmaba hai pouco: "O Brasil é unha grande oportunidade, só temos un problema, a lingua". Os galegos non temos ese problema. Os medios de comunicación poderían facer moito pola difusión disto. GALICIA HOXE podería ter unha parte en portugués ou unha sección semanal de Lusofonía. Ou esta entrevista a partir deste punto poderías escribila con grafía portuguesa.
Feito.
Nunha manifestación a favor do galego en Santiago de Compostela
São cousas que se podem fazer. Não esqueço um dos primeiros manuais de galego, ano 1980, onde aparecia um mapa da nossa língua no mundo e estavam a Galiza, o Brasil, Portugal, etc. Como seria a perceção das diferentes gerações de alunos e alunas galegos se nos manuais escolares continuasse esse mapa? Menos preconceitos, com certeza.
Involuímos?
Nalgumas questões sim.
Lembra cando na TVG punham Os novos (The Young Ones)?
Lembro.
Há pouco baixei da internet alguns capítulos e reparei em que o galego era, na verdade, além de mais rico, mais próximo ao português. Fomos eliminando algumas palavras que estavam no uso ou no debate aqueles anos?
Fomos. A geração de 80 ficou marcada pola questão normativa. As gerações que chegamos depois temos um toque de humor, de retranca, que na Galiza é absolutamente imprescindível.
(Valentim Fagim atende o telefone. Levanta-se da cadeira. "Vou ter que marchar", diz)
Uma ultima coisa, cómpre falar do decreto do galego e da política linguística da Junta. Que opina?
Falando de humor... a legislação sobre o que se elabora o decreto, os objetivos a alcançar e as ações que se querem implementar para atingir os objetivos som incoerentes entre si. Não se pode garantir um conhecimento similar de ambas as línguas com uma quota de 50%. É uma questão técnica. Não se pode superar os preconceitos sobre o galego dando as matemáticas em castelhano. É uma questão técnica. Por se não bastasse, o castelhano é aproveitado na sua máxima capacidade. O galego continua infra-utilizando-se. No fundo, o que se trata é de tornar inútil a língua em que se desenvolve esta entrevista. O passo seguinte, a demagogia do liberalismo de mercado.
Veñen os toalheiros. Don`t panic!
Tu que és tão "guapa" e tão lista/ Tu, que mereces um reintegracionista/Ficas ao meu lado/ E o mundo parece mais amável, mais humano em reintegrado".
Foi unha das consignas cantadas en Compostela o pasado vinte e cinco de maio, o Dia da Toalha. Alguén podería pensar que tal efeméride do orgullo lusista, ten algo que ver cun pasado histórico, tributo a un pasado téxtil en Valença, única inmersión na cultura portuguesa para moitos os que a cruzaron a fronteira facendo gala do seu caché español.
Mais o Día da Toalha, tal como se le na internet, naceu "como uma homenagem dos fãs ao autor da série O Guia do Mochileiro das Galáxias, Douglas Adams. A saga de cinco livros conta a história de Arthur Dent e seus amigos em aventuras pela galáxia e pelo tempo.
Um detalhe importante da história é a importância da toalha para os "viajantes da galáxia", a qual seria útil para as mais variadas e inimagináveis situações. Primeiramente, quando do falecimento de Douglas Adams, fãs do autor queriam encontrar uma forma de homenagear uma pessoa que tinha feito o mundo rir, então precisavam de um tema engraçado para sua homenagem. Como sua mais conhecida obra é O Guia do Mochileiro das Galáxias, e como no livro o autor dedicou um página inteira sobre a toalha e sua importância para os mochileiros das galáxias, decidiu-se então pelo uso da toalha como tema da homenagem.
O dia 25 de Maio de 2001 foi o dia em que foi feita a primeira homenagem. Depois discutiu-se sobre a possibilidade de alterar o dia para 42 dias após a data de falecimento, devido a outro detalhe da saga, que afirma que a resposta para questão fundamental da vida, o universo e tudo mais seria 42. De todo modo, acabou continuando a data da primeira comemoração, 25 de Maio. A data é lembrada pelos fãs que carregam uma toalha durante o dia inteiro com eles. Alguns usam como uma capa, outros como um turbante, enfim cada um usa a toalha como deseja, desde que esteja consigo a toalha.
O Dia da Toalha é comemorado em diversos países, e na internet é possível encontrar sites com fotos dos fãs que comemoraram a data".