Galicia Hoxe
El Correo Gallego
Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Domingo 18.01.2009
Portada
atrás Comparte en Yahoo a nova Marcelo Tejedor
Comparte en Del.icio.us a nova Marcelo Tejedor
Comparte en Menéame a nova Marcelo Tejedor
imprimir recomendar Aumentar texto Diminuír texto

88

Marcelo Tejedor

CHEF

Naceu en Vigo en 1968. Rexenta en Santiago o restaurante Casa Marcelo. A receita de Pescada de C­eleiro, caldo de pementos verdes e pilpil de limón situouse entre os dez mellores pratos do ano 2008 segundo a clasificación que publicou a revista Vino+Gastronomía. O cociñeiro galego clasificouse no cuarto posto, despois do Tomate raf relleno de pipirrana, tomates verdes, judías verdes y quisquillas, de Dani García (Restaurante Calima); Maderas, de Quique Dacosta (El Poblet), y Hebras, de Josean Martínez Alija (Guggenheim). Por detrás do prato do restaurador quedaron receitas como Paisaje de Otoño, de Ferrán Adriá (El Bulli); Oca a la royal, de Joan Roca (El Celler de Can Roca); Guisantes del Maresme con tripa de bacalao y morrallets, de Xabier Pellicer (Abac), La gamba en la mano, de Jordi Vilá (Alkimia); Piel de salmonete asada con alioli de sus higaditos, de Nacho Manzano (Casa Marcial) y Bacalao en costra con cebolleta tierna, lentejas y panceta crujiente, de Paco Morales (Senzone) entre outras. Ademais, Tejedor presentou o seu pan líquido en aerosol na edición de 2008 Madrid Fusión e posteriormente foi galardoado co Aerosol de Prata pola Asociación Española de Aerosoles. Tamén foi premiado por CanalCocina como idea máis orixinal. Foi nomeado Gallego del Mes en agosto de 2005 polo Grupo Correo Gallego.

 

 
atrás Comparte en Yahoo a nova Marcelo Tejedor
Comparte en Del.icio.us a nova Marcelo Tejedor
Comparte en Menéame a nova Marcelo Tejedor
imprimir recomendar Aumentar texto Diminuír texto
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade