Galicia Hoxe
El Correo Gallego
Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Domingo 24.01.2010
Portada
atrás Comparte en Yahoo a nova TOP 20 SANIDADE Comparte en Del.icio.us a nova TOP 20 SANIDADE Comparte en Menéame a nova TOP 20 SANIDADE imprimir recomendar Aumentar texto Diminuír texto

TOP 20 SANIDADE

24.01.2010

30 ÁNGEL Carracedo Álvarez / XENETISTA
É unha das maiores eminencias en Medicina Legal. Naceu en Santa Comba, A Coruña, o 12 de novembro de 1955 e é catedrático da USC.

84 MARISOL Soengas González / ONCÓLOGA
Naceu na Coruña en 1968. É desde o ano 2008 a directora do Grupo de Melanoma do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO).

99 ALFONSO Castro García / NEURÓLOGO
É o xefe da sección de Neuroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), así como profesor de Medicina da Universidade de Santiago.

133 JOSÉ LUIS Bello López / HEMATÓLOGO
Naceu en Santiago o 23 de marzo de 1951. É xefe do servizo de Hematoloxía do Clínico de Santiago e investigador sobre a leucemia e transplantes de medula.

161 ENRIQUE Domínguez Muñoz / CHUS
Naceu o 4 de xaneiro de 1962 en Mérida (Badaxoz). Desenvolve o seu traballo no servizo de Aparello Dixestivo do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

172 JAVIER Hernández Pasín / CHUS
Naceu o 3 de maio de 1956 en Santiago de Compostela. Especialista en Cirurxía, foi o director do Salón Internacional da Saúde de Santiago de Compostela.

191 LUIS García Varela / MÉDICO ESTOMATÓLOGO
Naceu o 28 de febreiro de 1950 na cidade de Lugo. É especialista en Estomatoloxía pola Universidade Complutense de Madrid e médico forense.

213 XESÚS BERNARDO Otero Costas / FISIÓLOGO
Naceu o 12 de agosto de 1942 en Vigo (Pontevedra) e é catedrático de Fisioloxía e director do departamento na Universidade de Santiago de Compostela.

236 HUGO Vázquez Veiga / CHUS
Naceu o 22 de novembro de 1953 en Bos Aires (Arxentina). Dirixe a sección de Dermatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

242 MIGUEL Domínguez Vaz / TRAUMATÓLOGO
Naceu o 22 de xuño de 1949 en Pontevedra. É médico traumatólogo e director do Hospital Miguel Domínguez. Foi deputado no Parlamento de Galicia.

282 PEDRO SOLER BORDOY / GESTOR SANITARIO
Naceu o 19 de novembro de 1954. Foi director xerente da Fundación Pública Hospital do Salnés e actualmente traballa no Complexo Hospitalario de Pontevedra.

316 Senén Cortegoso VAAMONDE / FISIOTERAPEUTA
Naceu en Pontevedra. Enfermeiro e fisioterapeuta, exerceu esta última profesión durante varios anos na selección española de fútbol e en equipos deportivos.

361 Alfonso Castro Beiras / Cardiólogo
Nacido en Santiago o 22 de xullo de 1944, dirixe o servizo de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Recibiu o Nóvoa Santos en 2005.

380 FELIPE CASANUEVA FREIJO / ENDOCRINÓLOGO
Naceu en Madrid o 23 de outubro de 1948. É director da unidade de Desordes Alimentarias do hospital de Conxo e catedrático de Medicina na USC.

396 ANTONIO Pose Reino / MÉDICO
Naceu o 13 de xuño de 1956 en Santiago de Compostela. É médico do Hospital de Conxo (CHUS) e profesor asociado de Medicina na Universidade de Santiago.

398 Alfredo Robles Bayón / NEURÓLOGO
É director da Unidade de Neuroloxía Cognitiva do Policlínico La Rosaleda e está especializado no tratamento de enfermidades como o alzhéimer.

418 JUAN Gómez-ReinO CARNOTA / REUMATÓLOGO
Médico e responsable do servizo de Reumatoloxía do hospital Clínico de Santiago, naceu na cidade de Pontevedra no mes de agosto de 1945.

537 Rafael López López / ONCÓLOGO
Naceu en Vilamartín de Valdeorras en 1959. É xefe de servizo de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e profesor de Medicina na USC.

567 ELÍO Díez-Feijóo ARIAS / OFTALMÓLOGO
Exerceu como director técnico do Instituto Galego de Oftalmoloxía (INGO) e é oftalmólogo do Hospital Policlínico La Rosaleda de Santiago.

570 JOSÉ PÉREZ MOREIRAS / OFTALMÓLOGO
Naceu en Ourense en 1949. É profesor titular de Oftalmoloxía na USC e dirixe en Santiago un dos centros de referencia en patoloxía palpebral e lacrimal.

 
atrás Comparte en Yahoo a nova TOP 20 SANIDADE Comparte en Del.icio.us a nova TOP 20 SANIDADE Comparte en Menéame a nova TOP 20 SANIDADE imprimir recomendar Aumentar texto Diminuír texto
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade