Mércores 03.06.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 4 de 11]noticia anterior de Deportes Deportes  |  RSS - Deportes RSS

FÚTBOL

Caneda non descarta xogar a Champions

O presidente do Compos amósase eufórico tras o ascenso do equipo a Segunda División B

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

J.L.I. . SANTIAGO

José María Caneda,  no programa ‘El Regate’ de Radio Obradoiro FOTO: Fernando Blanco
José María Caneda, no programa ‘El Regate’ de Radio Obradoiro
FOTO: Fernando Blanco

A boa realación entre a SD Compostela e a asociación que reúne os comerciantes e empresarios de Compostela Monumental quedou patente onte. José María Caneda, pola SD, e Manuel Belo, pola agrupación da zona vella de Santiago, lanzáronse mil e unha gabanzas nun acto que se levou a cabo no salón de actos da Confederación de Empresarios de Galicia na capital de Galicia e que valeu como homenaxe ós compostelanistas polo brillante ascenso.

Caneda agradeceu o "apoio que nos deu nestes últimos anos Compostela Monumental e que é moi importante para nós. O apoio económico é decisivo, pero moralmente vímonos moi referendados coa presenza dos seus dirixentes no campo de San Lázaro cando nos correspondía xogar". O mandatario do club branquiazul sacou onte a súa vea de gañador e lanzou varias mensaxes de cara ó futuro. Para bos entendedores esta primeira perla. "Alguén da beirarrúa de en fronte dixo no seu día que Santiago merece un equipo na Segunda B", recordou Caneda, para engadir: "Non. Eu digo que iso son falacias baratas. O Compostela xa estivo en Primeira, vai estar outra vez en Primeira e non renunciamos a xogar a Champios League algún día, como o fixo o Villarreal".

Para Caneda "están sentadas as bases para ascender ano tras ano". E é que o presidente branquiazul apuntou que a súa mente voa máis rápido que a dos demais. "Díxeno en Monzón e só pasaran cinco segundos desde o ascenso, eu xa estaba pensando en Segunda División. É así e para iso xa conto con xogadores bos, ós que haberá que sumar outros que poidamos incorporar para que creza máis o equipo. Fichando, cada ano, catro ou cinco xogadores irase subindo o nivel do equipo", subliñou o mandatario. Despois Caneda encomiou o futuro do seu cadro de persoal. "Este equipo de xente nova, con futbolistas de 18 a 24 anos, pode chegar á Segunda División ou Primeira nesa franxa dos 25 ou 26 anos. Se queremos, podemos, pero temos que crer todos neste proxecto. Haberá quen xa estea dicindo que Caneda está tolo!, pero dígovos que se eu non crese en que podemos ir a Primeira, non tería sentido que ande por aquí", subliñou.

 

O DATO

Cea na Roda para celebrar o ascenso

Técnicos, xogadores e colaboradores co primeiro persoal da SD Compostela foron agasallados cunha cea no Restaurante A Roda polo brillante éxito alcanzado na presente tempada. Non faltou ninguén á cita, que non será a última.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS