Martes 26.09.2006      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 1 de 3]noticia anterior de Aulas Aulas  |  RSS - Aulas RSS

NOSTALXIA

Cadernos Rubio: nin rastro do lendario “mi mamá me mima”

De "mi mamá me mima" a "Javier come alimentos ecológicos": os míticos cadernos cos que millóns de nenos aprenderon a escribir e a sumar cumpre cincuenta anos

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

Desde hai cincuenta anos, millóns de nenos aprenderon a escribir a poder de repetir aquelas tenras frases tipo "mi mamá me mima" dos cadernos de caligrafía e cálculo Rubio.

Pero os tempos cambian e a empresa editora dos míticos cadernos cumpre medio século dedicada á mellora de caligrafía e da capacidade matemática dos escolares, pero agora con frases e cálculos modernos que inducen ó aforro ou a condutas de concienciación co medio ambiente. Os novos cadernos cumpren unha "dobre función educativa: activan a sensibilidade do neno co fomento de valores esenciais" e potencian un correcto desenvolvemento intelectual en torno "á solidariedade e o coidado do medio ambiente", sinalou o xerente de Cadernos Rubio, Enrique Rubio.

En concreto, nos últimos dez anos, a empresa renovou un total de 66 cadernos diferentes e cambiáronse frases en desuso de caligrafía e dos seus problemas para apoiar e mellorar os procesos de aprendizaxe do escolar desde unha idade temperá. Así, modernizáronse as frases dos cadernos de escritura e os de cálculo fóra de contexto e introducíronse presentacións que inducen ó aforro ou a condutas de concienciación co medio natural como "Fun feliz ó deixar de fumar", "É mellor utilizar enerxías renovables" ou "Javier come alimentos ecolóxicos".

"Nos novos cadernos quixemos incluír mensaxes con trazos distintivos profundos que transmitan valores humanos de toda índole, solidarios, morais, para o respecto e a tolerancia e ecolóxicos, pero sempre seguindo unha liña o máis correcta pedagoxicamente que reforce o traballo realizado día a día desde os sistemas educativos", concluíu Rubio.

 

Aposta polas novas tecnoloxía

Pero non só cambia a mensaxe subliminal, senón tamén o soporte. Segundo a editorial, a aposta actual é a introdución das novas tecnoloxías no ensino, por iso un dos seus proxectos máis decididos foi a renovación da súa web "www.rubio.net",que inclúe unha serie de xogos interactivos onde os escolares poden practicar operacións matemáticas.

Estes xogos están divididos en niveis de dificultade e van dirixidos a nenos de entre 7 e 10 anos que necesiten reforzar as operacións ensinadas en clase, á vez que comezan a introducirse no universo de internet.

Esta páxina pretende converterse así nun instrumento pedagóxico que adapte o método tradicional de reforzo de Cadernos Rubio ás novas tecnoloxías. Ademais, a web posibilita o acceso a todo o catálogo de cadernos de caligrafía e matemáticas. Tamén se inclúe un apartado no que pais e profesores poden suxerir dúbidas e suxestións sobre os contidos dos cadernos.

Por último, tamén hai un apartado dedicado ó medio natural, desde o cal a empresa pretende fomentar a sensibilidade dos nenos pola preservación do contorno.

Labor social humanitario coas ONG

Cadernos Rubio colaborou con varias ONG, no marco do seu labor social humanitario, como Axuda en Acción, WWF/Adena, Médicos do Mundo e Vida Sa co fin de fomentar os valores positivos que estas asociacións encarnan e extrapolalos con axuda do método Rubio á educación. Deste modo, de forma gratuíta a empresa cedeulles a estas ONG espazos da contraportada interior dos seus cadernos como foro de expresión.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS