Luns 14.05.2007      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 3 de 5]noticia anterior de Maré Maré  |  RSS - Maré RSS

En galego "bonaerense"

Rodolfo Alonso falará das letras galegas en Bos Aires

O colectivo de galegas emigrantes, Herbas de Prata, conmemorará o 17 de maio cunha charla e poemas de Mariño

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ . SANTIAGO

Unha reunión do colectivo de mulleres galegas na emigración no mítico Café Tortoni de Bos Aires
Unha reunión do colectivo de mulleres galegas na emigración no mítico Café Tortoni de Bos Aires

A poucas xornadas para o Día das Letras, o vindeiro 17 de maio, moitos son os colectivos emigrantes que malia estar fóra de Galicia, se unirán á celebración con actos simbólicos. Un deles é a asociciacion de galegas da diáspora Herbas de Prata, nada hai un ano en Arxentina para crear unha rede mundial de colectivos de mulleres galegas, que conmemorará a data cunha charla do poeta arxentino, fillo de galegos, Rodolfo Alonso, e as integrantes do grupo realizarán un recital de poemas de María Mariño, a escritora noiesa que será homenaxeada este ano.

O acto terá lugar o xoves vindeiro na Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina (FSG). Convocado polo colectivo de galegas e a Federación, a xornada comezará cunhas palabras dos organizadores, a psicóloga social Adela Fernández Cruz, fundadora de Herbas de Prata e Francisco Lores Mascato, en representación da FSG. A continuación, unha das integrantes do colectivo fará unha lembranza de María Mariño e presentará un vídeo editado para este acto. Deseguido, o encontro contará cunha presentación titulada Galiza, Muller a cargo do poeta de orixes galegas Rodolfo Alonso, nado en Bos Aires en 1934. Integrante da revista arxentina de vangarda Poesía Buenos Aires, Alonso leva publicados pouco menos de trinta libros, moitos deles de poemas e outros de ensaio e narrativa. Unha interesante edición das Aguafuertes gallegas de Roberto Arlt pode atoparse en Edicións do Castro. Primer tradutor de Fernando Pessoa en América, engadiu moitas outras de poetas e escritores franceses, italianos, portugueses e galegos. Dirixiu a súa propia editorial e foi Premio Nacional de Poesía en Arxentina e Premio Andoriña en Galicia e dirixiu a Revista Galicia do Centro Galego de Bos Aires.

Para rematar, e antes da queimada coa que pechará a xuntanza, as mulleres que integran o colectivo Herbas de Prata poñerán voz a unha escolma de poemas de María Mariño. "Será no galego bonaerense que falamos, dende logo con erros. Porén, queremos facelo como homenaxe, pero tamén como proclama, como chamamento a falar en lingua galega. Unha lingua que, hai non tantos anos, se escoitaba polas rúas da cidade de Bos Aires e que foi de­saparecendo. Será un xeito de comprometernos coa presenza da lingua dos nosos neste lugar", explican as responsables do colectivo.

A asociación Herbas de Prata xurdiu da vontade dun grupo de galegas emigradas e descendentes de xuntarse para traballar por e para as mulleres non só dese colectivo. Nas últimas semanas, xa viu xurdir o colectivo de Uruguai, nun camiño que se propón dar corpo a unha rede no mundo. "A nosa idea é a de tecer unha rede de mulleres emigradas e os seus descendentes que permita a colaboración con elas nas problemáticas propias. Para iso, algúns dos nosos propósitos son promover a capacitación das mulleres, a atencións dos seus problemas, a posible vinculación coas institucións públicas e privadas pertinentes, segundo os casos, e todo canto vexamos que se pode medrar nesas direccións", explica Adela Fernández Cruz, a fundadora da asociación.

A CERNA

Un poema galego de Lorca

A psicóloga social ourensá Adela Fernández Cruz fundou Herbas de Prata, un nome que remite a un dos seis poemas galegos de Lorca. O colectivo inclúe a todo tipo de mulleres, de avogadas a amas de casa.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS