Venres 15.02.2008
Hemeroteca web
|
RSS
Portada » Última Hora | O PSOE de Galicia revelou hoxe unha gravación do presidente do Centro Galego de México, Luis Piñeiro, cun xornalista na que lle atribúe á xefa de prensa do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, a entrega do "cheque" da Deputación de Pontevedra relacionado co pago a unha suposta axente electoral do PSOE dunha viaxe a Arxentina.
"O que me entregaron é un cheque, non o presidente do partido, obviamente que el non mo deu, porque el non mo trouxo, tróuxomo a xornalista", admite Piñeiro nunha conversación xornalística mantida o 8 de febreiro na que fai mención nome da xefa de prensa de Feijóo.
Varela aproveitou así para defender a xestión de realizada ante a Secretaría de Emigración pola deputada socialista e responsable parlamentaria de Emigración do PSdeG, María Soledad Soneira, para que unha emigrante en situación económica "delicada e difícil" puidese recibir axudas da Administración pública para viaxar a Arxentina.