Luns 28.04.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 3 de 5]noticia anterior de Galicia Galicia  |  RSS - Galicia RSS

FUTURO

O leite ecolóxico, unha opción para non padecer a crise

Galicia é potencia neste sector, que non depende tanto de pensos e fertilizantes

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

. E.P.

As granxas galegas que se dedican á produción de leite ecolóxico en Galicia gozan de "boa saúde", asegura o director técnico do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), Ernesto Sánchez. Unha situación que contrasta coas dificultades que atravesan as explotacións convencionais e que se debe á súa menor dependencia de pensos e fertilizantes, que sofren un forte encarecemento.

Un factor importante que provocou, segundo recoñece Ernesto Sánchez, que moitas explotacións lácteas convencionais de Galicia se reformulen a súa orientación produtiva cara á ecolóxica.

"A súa menor dependencia dos insumos externos está provocando que se volva máis atractiva", esgrimiu este técnico quen considerou relevante o feito de que no que vai de ano sete explotacións, ata agora convencionais, solicitaron a súa incorporación produción ecolóxica.

Esta reorientación supón para as granxas que a alimentación do seu gando debe provir principalmente dos pastos e forraxes da propia explotación, nos que abonos e fertilizantes de orixe sintética están totalmente descartados. Ademais, por cada hectárea non pode haber máis de dúas vacas.

En todo caso, Ernesto Sánchez aclarou que os produtores de leite ecolóxica comparten coas granxas convencionais a baixa de prezos do leite ou alzas como o gasóleo. Con todo, ambos os encarecementos non afectaron á rendibilidade das 21 granxas que producen máis de nove millóns de litros ó ano e facturan un volume próximo ós seis millóns de euros anuais.

Precisamente, un 60 por cento do leite ecolóxico que se produce en España procede de Galicia, que concentra 1.300 das 2.700 reses de vacún dedicadas a esta actividade no Estado.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS